Lionni, Leo, Frederick, Pontevedra:
Kalandraka, 2005, [40 pp], (ISBN 978-84-933759-1-1).
Breve descripción. O autor e ilustrador desde
conto Leo Lionni, naceu en Amsterdam (Holanda) e doutorouse en economía, pero
mostraba grande interese polo deseño gráfico. Frederick unha obra
recomenda a partir dos catro anos, relata a historia dunha familia de ratiños
recolle provisións e todos traballan, agás Frederick, que aparentemente non fai
nada. Pero sen que os demais o saiban, el tamén se aprovisiona: raiolas de sol,
cores, palabras. Cando chega o inverno, os seus compañeiros recoñecen que a súa
misión poética fora esencial para que os ratos sobrelevaran mellor a crueza da
estación invernal. E así Frederick é aceptado tal e como é. Leo Lionni é un dos pioneiros do
álbum ilustrado moderno. Na cuberta
podemos ver o ratiño protagonista que dá nome a esta obra, todo o álbum
presenta un fondo branco e ilustrado.
Potencialidades educativas. Un dos temas que aborda o relato é a individualidade, o descubrimento e a aceptación da propia identidade. Frederick é poeta e demostra que, á súa maneira, tamén achega ao colectivo. O artista non se presenta commo un ser automarxinado, senón como alguén necesario para os demais. Fronte á importancia do traballo, Frederick reivindica a necesidade de alimentarse de máis cousas que palla e noces. Frederick pode parecer egoísta. Lonxe de recriminarlle a súa aparente pasividade, os veciños respectano e teñen curiosidade por ese mundo que, finalmente, agradecen.
Recursos de interese.
Vídeoconto
Actividades
Etiquetas. Coolaboración, Individualidade,
Aceptación.
Autoría. Xoubiñas (Nuria María Serodio Pérez,
Sara Vázquez Montes, Cristina Vidal García)
