miércoles, 2 de mayo de 2018

Uxía, Rosalía pequeniña


Senlle, Uxía, Rosalía pequeniña, ilust. Marina Seoane, Vigo: Editorial: Galaxia, col. “Árbore/galaxia sonárbore”, 2013, [36 pp.], (ISBN: 978-84-9865-484-4).


Breve descrición do formato e contido. Estamos ante un álbum infantil que se caracteriza por incluír unha escolma de poemas de Rosalía de Castro ou dirixidos a esta poesía que foron musicados pola cantante Uxía e arranxados de Sérgio Tannus As ilustracións dos personaxes e dos escenarios que aparecen son figurativas, é dicir, intentan simular a realidade. As cores son vivas e vistosas, as cales potencian aínda máis o corpo ilustrativo dunha proposta que combina espazos abertos e pechados, así como sitúa as figuras humanas en movemento e mesmo en posición estática e reflexiva. A obra iníciase cun texto de Begoña Caamaño, “Roalía pequeniña”, co que se achega ao lectorado máis novo para desvelarlle unha Rosalía moi marcada polos sentimentos e sensacións infantís, ademais de convidalos a entrar no universo poético da autora padronesa, no que sobresae o ton reivindicativo e de denuncia. Tras a composición “Rosalía pequeniña”, rexístranse cunha letras agradable para a lectura outros textos moi coñecidos de Rosalía, cos que facer partícipe á infancia dunha das voces máis representativas da cultura e identidade galega: “Como chove miudiño”, “Xan”, “Has de cantar”, “Paseniño”, “Falares de amor”, “Miña Santiña, miña Santasa”, “Alborada”, “Maio longo”, “A grasia non era moita” e o poema de Manuel Curros Enríquez “A Rosalía (No bico un cantar)”. O volume incorpora un CD que recolle os poemas de Rosalía de Castro a través da voz de Uxía.

Potencialidades educativas. Con este álbum podemos achegar os nenos/as ao coñecemento da vida e da obra de Rosalía de Castro dunha maneira máis atractiva, a través da poesía musicada. Ademais de estar aproximándoos á cultura galega en xeral e a un dos símbolos identitarios máis singulares de Galicia, estámolos somerxendo e educando noutras artes como son a poesía, a música e a plástica.

Recursos de interese.
Vídeo dos poemas cantados de Uxía, Rosalía pequeniña:
Blog sobre o libro Uxía, Rosalía pequeniña:
Poemas musicalizados sobre Rosalía de Castro:

Etiquetas. Mulleres da historia, Rosalía de Castro, poesía, música.
Autoría. Mulleres na Historia (Mª Cristina Vidal Martínez, Paula Rey Diz, Andrea García Revuelta e Helena Lemiña).



No hay comentarios:

Publicar un comentario