lunes, 30 de abril de 2018

A árbore xenerosa

Silverstein, Shel, A árbore xenerosa, trad. Chema Heras, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. “MareMar”, 2015, [64pp]. (ISBN: 978-84-8464-962-5).

Breve descrición do formato e do contido. Esta obra foi publicada por primeira vez no ano 1964, co seu nome orixinal The giving tree, aínda que a nosa ficha técnica está baseada na edición de Kalandraka. Este álbum narrativo de tapa dura, conta a historia da amizade entre unha maceira e un neno. Nela podemos observar como durante a infancia do rapaz, pasan moito tempo xuntos e se divirten. A medida que pasan os anos, o neno xa non é tan neno, as súas prioridades cambian e deixa de ver a árbore. Neste tempo, a árbore está moito soa e, cando ve ao neno despois dun longo período, fai o posible para facelo feliz. Esta axúdao de maneira desinteresada, a diferenza do neno, que ía vela para recibir algo a cambio. O neno no final da súa vida, dáse conta de que as cousas  materiais non van estar nos últimos momentos da vida, pero si van a estar os amigos. A cuberta da obra é moi colorida e chama a atención, xa que ten uns tons verdes de cor intensa. Nela aparece unha árbore dándolle una mazá a un neno, ademais de estar o título, o autor e a editorial. A continuación, todas as páxinas que van aparecer van a ter os debuxos totalmente en branco. As ilustracións que aparecen na obra son moi sinxelas con formas simples, pois os seus debuxos están feitos unicamente con tinta negra e en toda historia só aparece a árbore e o neno. Nas imaxes pódese apreciar o paso do tempo tanto na árbore como no neno así como a súa relación. A letra é escasa, xa que na maioría do libro só hai unha pequena frase en cada páxina, acompañada dunha imaxe.

Potencialidades educativas. A principal potencialidade desta obra radica nas posibilidades que ofrece para abordar diferentes aspectos relacionados coa amizade. Así mesmo, permítenos achegarnos á relación do ser humano coa natureza, xa que debemos ensinar todo o que nos ofrece e coidala, ademais de insistir en que ter moitos elementos materias non nos fai ser máis felices e non van estar aí para sempre. Pola contra, cos bos amigos podemos contar sempre. Finalmente, posibilita tratar as etapas da vida (infancia, adolescencia, idade adulta e vellez) e o paso do tempo, tanto nas árbores como nas persoas.


Recursos de interese:
Conto:

Había unha vez unha árbore...en Pontevedra:


Autoría:  Amorosiñas (T. Alfaya, R. Castro e P. Collazo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario