Nuñez, María, Cocorico,
ilust. Helga Bansch, Pontevedra: OQO editora, 2006, [36 pp.], (ISBN:
84-96573-23-0).
Breve descrición do
formato e contido. Álbum ilustrado de tapas
duras que acolle a versión dun conto tradicional birmano. Na cuberta xógase coa
presentación completa ou só parcial dos seus protagonistas, o que nos permite
facer inferencias sobre a súa identidade que, como acabamos sabendo,
corresponde a Cocorico, o protagonista da historia, o gato pelado e a súa nai.
Nas gardas aparece todo o proceso dende que é un ovo ata que sae o pitiño
Cocorico e, antes de comezar a historia, reaparece facendo malabarismos, cunha
pelota, cuns cascos... En canto ao texto, o comezo da historia recóllese na
parte esquerda do álbum, mentres que seguidamente se sitúa tamén na parte
dereita. Hai momentos na historia nos que aparece o texto en negra, como
querendo chamar a atención da información achegada, alterando tamén nalgúns
intres o tamaño. Ademais en todo o álbum predomina a cor gris, aínda que na
cuberta e na contracuberta aparece a cor roxa, xa que podemos intuír que algo
podería pasar con ese rabo no que Cocorico se está fixando. O álbum conta a
historia de Cocorico, un pitiño que lle pediu a súa nai que lle fixese un
biscoito. Súa nai dille que necesitan ir buscar leña, entón Cocorico decídese
ir buscala, aínda que súa nai advírteo de que teña coidado con Gato Pelado.
Cocorico estaba recollendo leña cando de súpeto apareceu Gato Pelado que o
quería comer. Para que isto non sucedese chegaron un acordo: Cocorico faría un
biscoito e daríalle un anaco a Gato Pelado. Fixeron o biscoito e, sen darse
conta, comérono enteiro. Apareceu Gato Pelado pola porta a buscar o seu anaco
de biscoito. Do medo, Cocorico e a súa nai metéronse nunha ola de barro. O gato
Pelado escoitou o pitiño e acercouse, cando de súpeto o pitiño espirrou tan
forte que a ola saltou en mil anacos. Gato Pelado pensou que a casa se caía e
escapou. Finalmente mamá galiña para celebralo fixo un biscoito, partírono en
dúas partes e comérono.
Potencialidades
educativas. A través desta obra podemos traballar a importancía que
supón compartir as cousas, como facer un biscoito, os perigos dos que temos que
ter conta e coidado...
Recursos
didácticos.
-
Blogs:
http://unproyectodemaestra.blogspot.com.es/2012/08/cocorico.html
(con canción de Cocorico)
-
Conta contos:
Etiquetas. Álbum ilustrado, alimentación, saúde, compartir.
Autoría. Pulgariñas (Tatiana Vieitez Losada, Alicia Vidal
Peneireiro, Cecilia Solla Vázquez e Ana Salgado Pazos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario