lunes, 30 de abril de 2018

A mellor sopa do mundo

Isern, Susana, A mellor sopa do mundo, ilustr. Mar Ferrero, trad. Paco Liván.Pontevedra: OQO Editora, col. “O”, 2015, [36 pp], (ISBN: 978-84-9871-526-2).


Breve descrición do formato e do contido. En este álbum narrativo de tapa dura, un narrador en terceira persoa conta unha fermosa historia de amizade. A protagonista é a tartaruga, que se encontra preparando una sopa deliciosa nunha fría noite de inverno. Pouco a pouco, algúns dos animais do bosque, comezan a chegar a súa casa, por suposto, cun ingrediente novo que engadirlle a sopa: Coello, cenorias; Cervo, froitos vermellos; Raposo, cebolas; Oso, mel; Lobo, pementos; Ourizo, allos porros e Rato, cogomelos. Todos xuntos cociñan, bailan e preparan a mesa e, ao chegar a cena, descobren que a sopa era a mellor que probaran nunca. Con esta obra podemos descubrir como facer a mellor sopa do mundo, o único que necesitamos son amigos, xa que con boa compañía todo sabe mellor, ese é o verdadeiro  ingrediente secreto. Na cuberta aparecen xuntos todos os animais dispostos en círculo, contemplando a sopa desde arriba ademais de recollérense o nome da autora, ilustradora e editorial. Nas gardas aparecen árbores espidas e neve, o que xa nos avanza que a obra se desenvolve en inverno e vai moito frío. Na portada, na folla esquerda hai unha dedicatoria -“Para Yves, Yuna, Adriel e Marc; por facer de calquera sopa, a mellor do mundo”- e na da dereita, aparece unha pequena árbore que fai a función de colgadoiro. Nela están todos os abrigos e debaixo, en fila, todos os zapatos dos animais. As ilustracións son alegres, cariñosas e dan tenrura ao lector ao longo de toda historia. O discurso é sinxelo e con pouca letra, as frases ou palabras máis relevantes de cada páxina están resaltadas en cor negra máis escura e ademais, cando chega cada animal á casa da tartaruga, repítese sempre a mesma secuencia.  

Potencialidades educativas. Con esta obra podemos traballar aspectos moi variados. En primeiro lugar, o máis importante é a amizade e o cariño que hai entre todos os animais da obra, podemos ver como se divirten xuntos e como colaboran a hora de preparar todo para a gran cea. En segundo lugar, tamén se poden traballar os animais que habitan nos bosques así como as súas características, alimentación… E, finalmente, podemos aproximarnos aos ingredientes utilizados polos animais para crear esa deliciosa sopa.



Recursos de interese:


Canción A mellor sopa do mundo:

Teatro:

Autoría: Amorosiñas (T. Alfaya, R. Castro e P. Collazo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario