Breve descripción do formato e do contido. Atopámonos ante un álbum ilustrado. Na cuberta podemos ver o debuxo dun crocodilo cun abrigo vermello que vai collido da perna do que parece ser unha xirafa, pero non podemos verlle a cabeza. Esta xirafa vai vestida cunha camiseta azul escura, uns pantalóns amarelos con flores e uns tacóns brancos. Os dous atópanse no que podemos interpretar como unha posta de sol. Esta imaxe aparece encadrada e centrada na cuberta, e sobre ela está o nome da autora do conto. Debaixo da imaxe aparece o título do conto e a editorial. Todo isto sobre un fondo degradado de cor verde auga. Nas gardas aparecen debuxados multitude de paraugas vermellos sobre un fondo amarelo. Na contracuberta volvemos ter unha imaxe encadrada en centrada sobre o mesmo fondo de cor verde auga, pero esta vez, temas un texto introductorio onde aparecen escritas as primeiras frases do conto, e debaixo Factoría K de libros, selo editorial de Kalandraka. Os textos son sinxelos, con frases curtas. As imaxes teñen moitas cores e son moi elaboradas, ademais, ilustran á perfección todo o que o texto sinala. Este álbum protagonizado por un crocodilo e unha xirafa, móstranos a historia de dous personaxes que fican namorados, e forman unha parella extremadamente peculiar. A diferenza de altura supón un problema, pero xuntos conseguirán superalo.
Potencialidades educativas. Este conto permítenos tratar o tema do amor, dos sentimentos que deste afloran e das barreiras que se poden romper por el. Ademais, dános a posibilidade de entrar no tema das diferenzas e o valor da diversidade, ensinando respecto e tolerancia aos máis pequenos e pequenas. Así este álbum é unha marabillosa ferramenta para ensinarlles a valorar a todo a mundo e a non xulgar pola súa aparencia física.
Recursos de interese.
Conto lido por nenas e nenos de 3 anos:
http://bibliotecacastelao.blogspot.com.es/2014/02/crocodilo-namorado.html
Conto lido por nenas e nenos de 3 anos:
http://bibliotecacastelao.blogspot.com.es/2014/02/crocodilo-namorado.html
Autoría. Amorosiñas (T. Alfaya, R. Castro e P. Collazo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario