Breve descrición do formato e do contido. Neste álbum ilustrado un neno conta, en primeira persoa e dunha forma inxenua e inocente, o que lle ensinou cada unha das persoas que forman parte da súa vida (a súa familia, os amigos, os veciños…).Cada unha desas persoas transmitiulle algo que lembrará sempre e que lle servirá no seu futuro. O protagonista remata dándolles as grazas a todas esas persoas, aínda que lle queda moito por aprender. Na cuberta, aparece o protagonista da historia co seu avó, esa imaxe aparece logo no interior da obra. Na parte baixa está o título en grande xunto coa autora, o ilustrador e a editorial. Na anteportada, aparece en cores laranxas e marróns, un camiño, edificios, un autobús e árbores, o que semella unha pequena parte do lugar onde vive. Na portada, a diferenza das demais páxinas do conto, está totalmente en branco e só volve aparecer o título, a autora, o ilustrador e a editorial. O texto está formado por frases breves debaixo das ilustracións, que describen situacións cercanas e cotiás as cales nos permiten identificarnos co protagonista. As imaxes do libro son de cores vivas e están pintadas con témperas ou pintura acrílica, o que lle da un toque moi infantil.
Potencialidades educativas. A súa potencialidade principal é ensinar a ser conscientes do valor que teñen esas persoas que nos ensinaron algo ao longo da nosa nenez e que recordamos aínda que pasen os anos ( valor da amizade, a gañar e a perder, a persistencia, as regras, as normas…). Ademais, con esta obra tamén se traballa o valor da amizade e amor cara as persoas que nos rodean e coidan de nós. Por último, nomea os membros da familia e demais persoas coñecidas o que nos abre camiños para aproximarnos á institución familiar desde múltiples perspectivas.
Autoría. Amorosiñas (T. Alfaya, R. Castro e P. Collazo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario