jueves, 5 de abril de 2018

Grazas


Minhós Martins, Isabel, Grazas, ilustr. Bernardo Carvalho, trad. Xosé Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka, 2013, [32 pp.], (ISBN: 978-84-8464-826-0).


Breve descrición do formato e contido. É este un álbum ilustrado de tapas duras, encadernado en cartoné e medidas 22x22 cm. Nel predominan as ilustracións de trazos espontáneos e cores cargadas de luz, que transmiten enerxía e positivismo en todas as páxinas e se acompañan dun breve texto que enfía verbalmente a historia. A linguaxe empregada é moi sinxela, o que facilita a comprensión polas crianzas da mensaxe que se dirixe a todas as persoas que conforman as nosas vivencias e contribúen á nosa formación e nos axudan a configurar o noso “eu” tanto individual como en relación co resto da sociedade. O narrador da historia fala desde unha primeira persoa das súas experiencias máis persoais e próximas, nas que se atopan con persoas do máis plural e de diferente procedencia.

Potencialidades educativas. Esta obra logra pola focalización desde unha primeira persoa e a substancia do seu contido que o lectorado empatice co seu protagonista e experiencias, por medio das cales flúe a transmisión de valores tan importante como son ter paciencia, apreciar a disciplina, obedecer as persoas maiores, saber gañar e perder, integrarse nun equipo, practicar o compañeirismo, escoitar e gozar do silencio, afrontar retos para perder os medos, ser prudentes e perseverantes e, finalmente, recoñecer a beleza dos momentos e do que nos rodea.

Recursos de interese.
Etiquetas. Isabel Minhós, Bernardo Carvalho, Xosé Ballesteros, familia, Kalandraka, álbum ilustrado, Estibel.

Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario