jueves, 5 de abril de 2018

Mi bisabuela


Lemos, Amada, Mi bisabuela, ilustr. Susana Rico, Barcelona: Idampa, col. "En familia", 2015, [36pp.], (ISBN: 978-84-942457-9-4).


Breve descrición do formato e contido. Álbum ilustrado de 21x21 cm e tapas duras que inclúe no seu interior, como xa se pode entrever polo título e a imaxe da cuberta, unha historia que xira ao redor desta figura familiar. Mi bisabuela é o relato contado por un neno que non entende como a súa bisavoa algún día foi unha nena, porque é moi moi maior. En homenaxe á súa bisavoa e a todas as mulleres que o son, o protagonista vai narrando páxina a páxina como é esta muller tan entrañable e os intres que pasa con ela. As ilustracións compóñense de colaxes e imaxes con obxectos reais en cores intensas e coloridas, que nos transmiten tenrura e diversión, o que fai que nos mergullemos máis aínda na obra. O texto é sinxelo para o lectorado infantil e posúe unha gran carga emotiva.

Potencialidades educativas. Con esta obra traballaremos os lazos familiares, en concreto, as relacións que se poden establecer entre a bisavoa, portadora da experiencia, e o neno, que está comezando o seu camiño de vida. Esta historia invita a que as crianzas reparen na figura da bisavoa, a quen debe apreciar e valorar por todo o que lles pode achegar: tenrura, coñecemento, experiencia, transmisión de valores...

Etiquetas. Amanda Lemos, Susana Rico, familia, narrativa, bisavoa, álbum ilustrado, Estibel.

Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).


No hay comentarios:

Publicar un comentario