lunes, 30 de abril de 2018

Avós

Heras, Chema, Avós, ilust. Rosa Osuna, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. “Demademora”, 2002, [36 pp.], (ISBN: 978-84-8464-533-7).

Breve descrición do formato e contido. Este álbum ilustrado de tapa dura foi galardoado co Premio Llibreter en 2003. Na esquina inferior dereita da cuberta aparece unha señora maior e un señor maior bailando xuntos. Debaixo deles está o nome da editorial, Kalandraka, e enriba, o da ilustradora e o do autor, xunto ao debuxo dun gato. Na parte superior da cuberta, escrito en letra de maior tamaño có resto, podemos ver o título do álbum, Avós. Na esquina superior dereita aparece unha especie de insignia con forma de sol de cor amarelo co nome do galardón xa nomeado anteriormente e, debaixo desta, dúas estrelas debuxadas. Todo isto está sobre un fondo dividido en cadros desiguais, nos que predominan as cores cálidas coma o amarelo e o vermello, pero tamén cores frías como o azul e o gris. Na contracuberta volve haber unha serie de cadrados de tamaños variados. No cadrado da esquina superior dereita vemos un debuxo da lúa rodeada de estrelas, e no cadrado da esquina inferior dereita temos o sol, xunto o cal aparecen dous paxaros, e baixo deles, unha árbore. Nas gardas volvemos ter nunha páxina unha lúa cunhas estrelas e na outra un sol con nubes. O texto é sinxelo, con frases breves. Este aparece distribuído de maneira irregular, xa que non aparece sempre na mesma páxina nin na mesma posición. É moi repetitivo e acumulativo, xa que as frases se van repetindo e encadeando. O texto amósase en forma de dialogo. As ilustracións acompañan ao texto durante toda a obra, posibilitando unha lectura máis sinxela e visual. Nas gardas volvemos ter nunha páxina unha lúa cunhas estrelas e na outra un sol con nubes. O texto é sinxelo, con frases breves. Este aparece distribuído de maneira irregular, xa que non aparece sempre na mesma páxina nin na mesma posición. É moi repetitivo e acumulativo, xa que as frases se van repetindo e encadeando. O texto amósase en forma de dialogo. As ilustracións acompañan ao texto durante toda a obra, posibilitando unha lectura máis sinxela e visual. Ao longo da historia amósanse diferentes animais e demais elementos cotiáns non citados no texto. A riqueza de ilustracións fai posible unha lectura visual e permite afondar máis en aspectos da historia que non se relatan no texto. Este álbum narra a historia dun señor que quere ir bailar á festa coa súa muller. Ela négase unha e outra vez, debido aos seus prexuízos sobre a súa idade. Mentres o seu marido intenta convencela, ela vai enumerando todos os síntomas de vellez que ten no seu corpo. Á súa vez, o marido, con moito agarimo, intenta facerlle ver que segue tan bonita coma sempre apesares dos anos que ten.

Potencialidades educativas. A partir da lectura desta obra pódese traballar o tema da familia, facendo fincapé na figura dos avós. Ademais o álbum permítenos tratar o tema do amor na vellez, o fermoso de ter alguén ao teu lado que che queira e che diga sempre o fermosa/o que segues sendo a pesares do paso do tempo. Tamén este conto pode servirnos para trata o tema da autoestima e a presión das mulleres pola que deben estar sempre belas e mozas.

Recursos de interese:
Obra de teatro do conto de Avós:

Autoría. Amorosiñas (T. Alfaya, R. Castro e P. Collazo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario