sábado, 14 de abril de 2018

¿Queda sitio para mí?



Koopmans, Loek, ¿Queda sitio para mí?, ilustr. Loek Koopmans, trad. Luis Ogg, Barcelona: Editorial I.N.H. Ivette Nogueira García, col. “Cuentos para crecer. Cuentos para la vida”, 1996, [28 pp.], (ISBN 978-84-94437-91-5).

Breve descrición do formato e do contido. É este un álbum ilustrado do autor e ilustrador holandés Loek Koopmans, que foi galardoado en varias ocasións pola Asociación de Ilustradores holandesa e seleccionado para a Exposición Anual de Ilustradores en Bolonia na Feira do Libro Infantil. O volume presenta unha cuberta e contracuberta con encadernación de cartoné, cunha paisaxe de cores moi suaves e con personaxes ilustrados con tinturas máis cálidas. Trátase dun fermoso conto popular ucraniano que foi adaptado para o lectorado infantil, polo que se asenta en estruturas repetitivas e fáciles de comprender. A historia está ambientada nun bosque durante o inverno, no que o frío nos invita a recollernos na casa e estar en familia. Seis animaliños do bosque conseguen encontrar un divertido e curioso fogar onde refuxiarse do frío. Todo se inicia cando un leñador e mais o seu can ían polo bosque. Unha das manoplas que levaba para gorecerse caeu ao chan. Pouco a pouco, fóronse achegando a ela varios animais: un rato, unha ra, unha lebre, un raposo, un xabaril e un oso pardo. Todos teñen interese por quedar co guante, polo que cada animal novo que chega pregunta se queda sitio para el. Cando o can foi na súa procura, viu que había inquilinos nela e comezou a ladrar máis forte.

Potencialidades educativas. Álbum ilustrado que favorece o traballo de certas competencias lingüísticas e actividades didáctico/lúdicas. Pode introducirse para aproximarse ás estacións do ano (inverno), así como a acción cíclica dos animais permite anticiparse mentalmente á mención do seguinte animal dunha maneira lúdica. Este xogo de reiteracións facilita a memorización do texto e aséntase en esquemas que contribúen a introducir a creatividade por parte do alumnado, xa que pode facer medrar a historia. A amizade e a amizade tamén son abordadas desde esta tenra historia recomendada para os máis cativos.

Recursos de interese.

Traballo Fin de Grao: 

Guías de libros con temática do inverno: 


Representación teatral do conto por “Tercero Izquierdo Teatro e Cia”: 


Vídeo de recomendación do libro: 


Videoconto do libro: 


Etiquetas. Cooperación, Compañerismo, Xenerosidade, Amizade, Solidariedade, Estacións do ano, Tempo atmosférico, Natureza, Refuxio, Fogar.

Autoría. Xoubiñas (Nuria Mª Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes, Cristina Vidal García).

No hay comentarios:

Publicar un comentario