Rubio, Antonio, O poliño da abeleira, ilustr. Gabriel Pacheco, trad. Silvia Pérez Tato, Pontevedra: Editorial Kalandraka, “Os contos do trasno”, 2006, [32 pp.], (ISBN 978-84-84645-31-3).
Breve descrición do formato e do contido. O autor deste álbum ilustrado recibiu no ano 2017 o Premio de narrativa infantil Vila d´Íbi e, ademais de ser docente e poeta, colabora na formación de profesores e en cursos de animación á lectura. O presente volume presenta unha encadernación en cartoné e está recomendado para nenos/as de entre 3 e 6 anos. As súas ilustracións de texturas diferentes ofrecen unha paleta de cores moi alegres (predomina o azul ceo e o verde mazá) e os seus personaxes amosan unhas extremidades alongadas con cores dende o branco ao vermello. Nas súas páxinas acolle unha adaptación dun conto popular acumulativo (orixinario de Cuenca) baseado nun poliño que estaba comendo coa súa nai baixo unha abeleira. Atragoouse cunha abelá e case afoga. Entón a galiña correu na procura de axuda á casa da ama quen non a pode socorrer porque non ten zapatos. Así xérase a necesidade de solicitar axuda a outros personaxes, aos que tamén se lles debe proporcionar un obxecto imprescindible para que cada un faga unha función concreta e resolver o problema: a nube dá a auga da que se nutre o prado, este produce herba da que se alimenta unha cabuxa, que debe subministrarlle coiro ao zapateiro para que este faga o calzado da ama da abeleira, onde estaban a galiña e o seu poliño.
É así como se ve reflexado
neste fermoso conto certos valores como son a cooperación, a unión, a
participación e a compenetración entre todos os personaxes para acadar un fin, que é salvar ó poliño.
Ó principio, como dí o conto, os personaxes fánse de
rogar á hora de acudirlle ó poliño pero non por convicción senón por causas
externas de que lle faltan cousas para poder correr a axudar ó poliño. Pero
finalmente, todos acadan o que necesitan e axudan encantados á galiña tan
preocupada polo seu poliño.
Potencialidades educativas. Neste fermoso conto vense reflectidos certos valores como son a cooperación, a unión, a participación e a compenetración entre todos os personaxes para acadar un fin que é salvar ó poliño. Unha figuración narrativa que lles axuda a entender aos máis pequenos e pequenas que, coa axuda de todos, se poden acadar logros moi importantes.
Recursos de interese:
Un conto redondo (en
castelán):
Etiquetas. Cooperación, Xenerosidade, Solidariedade, Animais.
Autoría. Xoubiñas (Nuria Mª Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes, Cristina Vidal García).
No hay comentarios:
Publicar un comentario