Bianki,
D., QUEBRACABEZAS,
Pontevedra: Kalandraka, 2016, [56 pp.], (ISBN: 978-84-8464-996-0).
Descrición do formato e o
contido. Este libro de tapa dura e encadernado en cartoné resalta
especialmente pola súa cuberta e mais polo seu deseño de gran orixinalidade. Presenta
a temática da existencia de diversas identidades que se relacionan entre si
onde non hai cabida para a discriminación e a exclusión. Nesta proposta lúdica,
o autor, mestre de debuxo e deseñador, pon énfase nas ilustracións realizadas a
partir de caixas de cartón reutilizadas, pintadas e encaixadas imitando a un
quebracabezas e por tanto creando un impacto visual extraordinario. Se pretende
xogar co lectorado invitándoo a experimentar e a elaborar identidades
ilimitadas creando tantas combinacións coma sexa posible. Cada palabra do texto
vai en letra minúscula e sitúase nunha caixa cunha cor determinada facendo aínda
más atractiva a historia. Desta forma, queda reflexado a variedade de formas,
tamaños e cores que pode haber semellando á súa vez a disparidade de persoas
coas que coexistimos. Na parte central, atopamos un xigantesco despregabre que
agocha unha mensaxe clara e concisa relativa a inclusión e, xa cara o final do
libro proponse unha actividade de reciclaxe (de escarvadentes, mistos, pasta
dental, lámpadas, té...) seguindo paso a paso a recomendación de poder crear
infinitos debuxos a partir de caixas recicladas.
É conveniente
resaltar, entre outros, a mención recibida polo autor na Feira do Libro
Infantil e Xuvenil de Boloña 2015 (discapacidade).
Potencialidades
educativas. Recorda que todos formamos parte do mundo e, a pesar
das diferenzas de cada persoa (costumes, ideas, aparencias...), o esencial nos
une neste gran quebracabezas infinito. Todos somos diferentes é ao mesmo tempo
parecidos.
Recursos
de interese.
Entrevista co autor: http://www.unperiodistaenelbolsillo.com/diego-bianki-rompecabezas/
Etiquetas: diversidade,
colectividade, inclusión, reciclaxe.
Autoría: Prímulas
(Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez).
No hay comentarios:
Publicar un comentario