viernes, 13 de abril de 2018

BAILAR NAS NUBES



Starkoff, V., BAILAR NAS NUBES, Pontevedra: Kalandraka, 2010 [48 pp.], (ISBN 978-84-8464-742-3)




Descrición do formato e o contido. Este álbum ilustrado de dimensións 22x30 cm e cun encadernado en cartoné baséase no folclore latinoamericano. Na súa preciosa cuberta e contracuberta vemos a imaxe representativa do conto no que a protagonista está sentada enriba da súa casa e ó mesmo tempo na dos seus veciños observando as abundantes nubes que aparecen no entorno onde se atopa.  Cun enfoque de carácter étnico, conta a historia dunha nena que posúe o gran desexo de acercarse ás nubes e bailar con elas. Ademais, vemos reflexado o crecemento dun pobo ó longo do tempo a través da existencia de novas infraestruturas e de heteroxéneos habitantes alegres e colaborativos que compartirán experiencias conxuntas, todo ó contrario do que transmiten as nubes cheas de frialdade e silencio.
Esta imaxe de convivencia e desenvolvemento da vida cotiá con diferentes culturas e razas cobra forza coas ilustracións repletas de cores e luminosidade que presenta, sen deixar atrás as frases breves, sinxelas e descritivas que carcateriza ó texto de letra pequena y de cor negro. Esta visión reforza a idea de ir acumulando novas temas a medida que nos adentarmos no libro, isto é, presencia de novos veciños coas súas costumes, músicas e tradicións.
BAILAR NAS NUBES está dispoñible en numerosos idiomas como é o portugués, catalán, inglés, éuscaro e castelán. Tamén compre sobresaír a súa condición de finalista do III Premio Internacional Compostela 2010 de Álbum Ilustrado.

Potencialidades educativas. É un libro destacable no ámbito educativo xa que aborda un tema de fundamental importancia a tratar hoxe en día nas aulas. O feito de que nunha sociedade convivan persoas de procedencias diversas aporta unha riqueza cultural innegable debido ó intercambio das crenzas, saberes e tradicións que fan aprender e crecer como persoa.

Recursos de interese.

Etiquetas: Interculturalidade, convivencia, integración social, diversidade cultural, multiculturalidade.
Autoría: Prímulas (Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez).

No hay comentarios:

Publicar un comentario