viernes, 13 de abril de 2018

QUEN É ESE BECHO?



Queralt, C., QUEN É ESE BECHO?, Pontevedra: Kalandraka, 2014 [26 pp.], (ISBN: 978-84-8464-899-4).



Descrición do formato e o contido.
É un álbum ilustrado (17x22 cm) que presenta en tódalas súas páxinas un material de cartón duro cunhas ilustracións, baseadas na técnica do collage, realmente chamativas debido á pluralidade de colorido que as caracteriza con considerables contrastes e tons saturados. Cabe destacar a expresividade das personaxes que, neste caso,  constitúen unha ampla variedade de insectos coas súas propias características no que respecta as formas, aspectos e tamaños. En relación ao texto, está escrito en letras maiúsculas de cor negro para facilitar a lectura e, en ocasións, podemos ler unha soa palabra sinxela por cada páxina co que se busca o recoñecemento. Ó final do libro, sorprende o espazo dedicado ao lector/a xa que pode identificarse e participar na historia pegando unha foto persoal sendo él/ela o/a verdadeiro/a protagonista. Por outra banda, o libro foi traducido a múltiples idiomas coma o castelán, catalán, éuscaro, portugués e inglés.

Potencialidades educativas.
A través do humor visible en cada recuncho do libro, os nenos/as reflexionarán sobre a diversidade existente de forma que cada un de eles é especial e único no mundo. Grazas á temática da fauna diminuta, pódese traballar aspectos relativos á natureza e a contorna.

Recursos de interese.


Etiquetas: Interculturalidade, diversidade cultural.
Autoría: Prímulas (Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez).

No hay comentarios:

Publicar un comentario