Ruillier, J., ¡Hombre de color!, Barcelona: Juventud,
2003 [32 pp.], (ISBN: 978-84-261-3357-1).
Descrición do formato e o contido: Este conto-poema, que parte dun relato da tradición oral africana, preséntase
nun volume con tamaño 24x24 cm e de tapas duras. A cuberta e a contracuberta
teñen cor amarela cun debuxo dun home con varias colores como figura central.
Resaltan as personaxes de tipo esquemático e con cores chamativas que cobran protagonismo.
Respecto ao texto, a letra é grande e clara a excepción dos momentos concretos nos
que se describen as cores. A historia contada é sinxela e transmite unha
notable tenrura que nos fai pensar sobre a diferenza da cor da pel nos humanos.
Así mesmo, exponse a idea da existencia de diferentes cores na raza branca en
oposición á negra, xa que, segundo a cultura ou situación xeográfica onde se
atope a persoa, posuirá un ton de pel determinado. O protagonista deixa ver a
variedade de cores que podemos adquirir en múltiples situacións como por
exemplo cando tomamos o sol ou mesmo cando enfermamos, formulando a dúbida
sobre cal é a raza que verdadeiramente ten máis dunha cor e facendo reflexionar
acerca do chamado “home de cor”. No libro represéntase a situación, onde a cor
do personaxe de raza branca vai variando en circunstancias adversas, mentres
que aquela de raza negra mantense idéntica en todas elas.
Potencialidades educativas:
Actualmente, vivimos nunha sociedade global onde convivimos xente de diversos
lugares e por iso debemos inculcarlles aos máis pequenos o valor da convivencia
e a loita contra a xenofobia. A través deste libro, podemos traballar as
diferentes culturas que coexisten no mundo e introducir temas como a igualdade
ou o racismo potenciando a idea de apoio á diversidade, sendo conscientes da
riqueza que isto supón.
Etiquetas:
Interculturalidade, diversidade cultural, multiculturalidade, igualdade.
Autoría:
Prímulas (Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez).
No hay comentarios:
Publicar un comentario