viernes, 13 de abril de 2018

Te quiero, niña bonita



Lewis, R., Te quiero, niña bonita, ilust. Jane Dyer, Barcelona: Serres, 2005, [32 pp.] (ISBN: 84-8488-054-0).


Descrición do formato e o contido: Te quiero, niña bonita esconde unha historia real sobre o proceso de adopción dunha nena chinesa contado pola súa futura nai dende os primeiros trámites ata a volta á casa e o seu novo fogar, no que medrará rodeada de amor e cariño. Cunha extraordinaria delicadeza, descríbense momentos no orfanato, o encontro materno e os sentimentos da nai adoptiva sen esquecer a súa nai biolóxica. O libro, de tamaño mediano, destaca pola súa cuberta onde observamos a imaxe dun bebé cun colorido especial e un título con variantes tanto no estilo e tamaño da letra coma as cores empregadas, o que lle dá maior beleza a obra. Xa no seu interior, atopamos ilustracións mediante a técnica da acuarela transmitindo claramente o sentimento de felicidade que agocha a adopción dun ser tan desexado.

Potencialidades educativas: O conto ten unha estrutura e sintaxe sinxelas, pero o seu tema permite abordar unha cuestión moi vixente hoxe en día como é a adopción e todo o que supón dito proceso. A partir da observación, adiviñamos a adecuada forma na que está narrado e ilustrado para nenos de pouca idade. Por iso, é conveniente adaptar actividades centradas na familia, a adopción e a interculturalidade sen deixar de pór énfase nos sentimentos espertados e aprender xuntos.

Recursos de interese:
Entrevista á autora sobre o libro:

Etiquetas: Interculturalidade, diversidade cultural, multiculturalidade, igualdade, adopción.
Autoría: Prímulas (Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez).

No hay comentarios:

Publicar un comentario