viernes, 13 de abril de 2018

Bigú



Deacon, A., Bigú, Madrid: Kókinos, 2009, [40 pp.], (ISBN: 978-84-96629-91-2).



Descrición do formato e o contido: Este volume infantil, de tamaño mediano e tapas duras, presenta unha cuberta e unha contracuberta con tons escuros, onde resalta a figura do protagonista principal nunha cor amarela. A historia conta cómo unha extraterrestre, delicada e vulnerable coma calquera neno/a, cae na Terra accidentalmente. Na súa búsqueda por retornar xunto cos seus pais, só atopa soidade e desprezos dos terrestres, a excepción dos máis pequenos que pretenden xogar con ela, deixando ollar con esperanza cara a un mellor futuro. O libro está ilustrado con variedade de materiais e destaca un ritmo dinámico entre os textos, que lle da movemento á historia contada. Cabe mencionar o emprego de dobre páxina en dúas ocasións. A primeira vez, vémolo na imaxe do patio dun colexio, onde os nenos pretenden xogar coa protagonista; e, por segunda vez, ao final desde a nave voando ao seu planeta. Ponse atención na protagonista a través da ilustración dándolle unha cor amarela fluorescente cun bordeado negro sobre escenas máis tenues e semellando a antigas, así o contraste é evidente entre os elementos. É importante mencionar o premio que levou en 2004 ao mellor libro ilustrado do New York Times Book Review.

Potencialidades educativas: Con esa obra vemos a necesidade de traballar a aceptación das diferenzas e a diversidade. Pódense reforzar conceptos como o multiculturalismo, ademais de poder empregarse para distinguir as diferentes emocións con variedade de actividades.

Etiquetas: Interculturalidade, diversidade cultural, multiculturalidade, igualdade.
Autoría: Prímulas (Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez).

No hay comentarios:

Publicar un comentario