viernes, 13 de abril de 2018

Por cuatro esquinitas de nada




Ruillier, J. Por cuatro esquinitas de nada. Barcelona: Juventud. (+3 anos), 2012, [32 pp.] (ISBN: 978-84-261-3447-9).





Descrición do formato e o contido: Trátase dun álbum ilustrado cun tamaño mediano e cadrado con tapas duras dirixido a un lectorado de máis de tres anos. A cuberta e a contracuberta son de cor verde, mentres que no seu interior atopamos páxinas de diversas cores, así como as diferentes formas xeométricas moi expresivas. Acompañando a estas figuras engádense frases sinxelas que narran a historia que carece de personaxes humanos. Por cuatro esquinitas de nada, conta a historia dun pequeno cadrado que desexa xogar cos seus amigos redondiños na casa grande, pero non consegue acceder debido á forma redonda da porta. En canto as formas redondas tratan de chegar a un acordo, o cadrado esfórzase por intentar acceder ao oco adoptando variadas formas (dóbrase, tórcese, alóngase...) sen éxito algún. Os redondiños, tras unha xuntanza, conseguen unha solución. 

Potencialidades educativas: Como podemos observar, a historia aseméllase á vida real, na que a sociedade é moi diversa. Faise referencia ao respecto polas diferenzas e á integración, a pesar das características individuais. O autor transmite dun xeito sinxelo a necesidade de adaptación ao mundo que nos rodea e tamén exalta a amizade e a multiculturalidade fronte aos prexuízos existentes. Así, finalmente, móstrase a incorporación do cadradiño na casa xunto a todos os redondiños.

Recursos de interese:


Etiquetas: Interculturalidade, diversidade cultural, multiculturalidade, igualdade.
Autoría: Prímulas (Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez).

No hay comentarios:

Publicar un comentario