jueves, 12 de abril de 2018

Nadarín

Lionni, Leo, Nadarín, trad. Xosé Manuel González Barreiro, Pontevedra: Kalandraka, 2014, [36 pp.],(ISBN: 978-84-8464-628-0).


Breve descripción do formato e contido. O autor desta obra, Leo Lionni, naceu en Holanda e doutorouse en economía, pero mostraba grande interese polo deseño gráfico. 

O presente conto móstrase nun álbum de tapas duras, no que se relata a historia dun peixe chamado Nadarín, él era de cor negra e vivía entre os demais peixes que eran vermellos. Un día un gran atún comeu a todos os peixes vermellos, Nadarín logrou escapou e descubiu un novo mundo repleto de especies de diferentes formas e cores. Nel había un grupo de peixes de cor vermella e todos xuntos deciden unirse para simular a imaxe dun gran peixe e facer así fronte aos feros atúns. Sobresae a claridade do texto, de frases curtas e mantedoras de varias figuras literarias. 
Na cuberta destaca o peixe protagonista e que dá nome a esta obra, xa que é de cor negra e os demais tons son azulados e rosados, pero moi claros. Recréase un universo mariño repleto de movemento e riqueza cromática. Esta obra está dentro do Plan Nacional de Lectura (PNL Portugal).

Potencialidades educativas. É un conto no que se traballa varios valores fundamentais como as diferenzas que podemos ter cos demais, a unión, a colaboración, a cooperación, a organización, a planificación, a solidariedade e o medo. Sen dúbida, é unha excelente proposta textual e icónica para traballar todos estes valores co alumnado de entre tres a seis anos.

Recursos de interese.
A obra en texto con ilustracións:

Videoconto feito por nenos/as:

Teatro:

Etiquetas. Cooperación, medo, diversidade, superación, dor, unión, forza.

Autoría. Xoubiñas (Nuria Mª Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes, Cristina Vidal García)

No hay comentarios:

Publicar un comentario