Mostrando entradas con la etiqueta integración social. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta integración social. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de abril de 2018

Nenas e nenos de todo o mundo



Muñoz Puelles, V. Nenas e nenos de todo o mundo, ilustr. María Espluga, A Coruña: Baía. (+ 5 años), 2006, [32 pp.] (ISBN: 84-96526- 54-2)

Descrición do formato e o contido: Este libro, clasificado dentro da literatura infantil e xuvenil, da a coñecer a experiencia dun neno (Vicente) no seu primeiro día de colexio. Ao chegar, síntese só mais non é o único, tamén Tutune unha nena africana que ten esa mesma sensación. A pesar de estar rodeados doutros nenos, botan a chorar desgustados. Neses instantes, fíxanse un no outro e acércanse para coñecerse. Mediante os diferentes nenos que vemos ilustrados dunha forma delicada e expresións moi características, móstranse as diversas culturas existentes na aula. É destacable o feito de empregar o plano cenital para presentar cada escena, xa que nos da unha perspectiva e visión dende un ángulo totalmente diferente ao que estamos acostumados a ver nos libros.


Potencialidades:

Unha vez máis, atopámonos ante unha obra que trata a integración e a presenza das diversas culturas no mundo. Todos tan diferentes, pero tan iguais ao mesmo tempo. A historia desenvólvese nun espazo como é a aula, no que os/as alumnos/as pódense ver perfectamente identificados a través dunha vivencia tan común nos pequenos.


Etiquetas: Diversidade cultural, multiculturalidade, integración. 


Autoría: Prímulas: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.

domingo, 22 de abril de 2018

Lolo, un conejo diferente


Van Genechten, G. Lolo, un conejo diferente. Madrid: SM. (+3 años), 2002, [28 pp.] (ISBN: 9788467561289).


Descrición do formato e o contido:

Lolo, un conejo diferente preséntase coma un conto sinxelo que reflexa situacións concretas cun fondo de integración social. Este libro está encadernado en cartoné e posúe unha tapa dura cunha cuberta na que distínguese o principal protagonista da historia. O autor emprega atractivas ilustracións mediante trazos de pastel e reforza o seu contorno coa cor negra para realzar as figuras e transmitir o ton gracioso e, ao mesmo tempo, tenro ao longo de todo o libro. O coello Lolo, inocente e amable, síntese diferente aos outros debido a súa orella caída. Por iso intenta remedialo a través de varias técnicas que resultan ser en balde xa que a súa orella permanece no seu mesmo sitio, sen estar erguida. Os demais non comprenden a súa condición, e rin a carcalladas cada vez que o ven sendo motivo de burla en todo momento. Ante esta situación, Lolo reflexiona e conta que tódalas persoas non ten por qué ser iguais, mesmo na súa familia encontra exemplos disto, e conclúe que todas boas igualmente. Ó final, con valentía, éste síntese moito mellor e lle propón un peculiar xogo ós seus amigos/as.


Potencialidades:

A intención pedagóxica do autor tende a alixeirar un tema de gran importancia coma é a tolerancia e o respecto.  En definitiva, os nenos/s deben saber que ser diferente aos demáis non se considera prexudicial senón ao contrario. A través da obra, cómpre traballar a autoestima e potenciar a seguridade ante as disimilitudes.





Recursos de interese:





Etiquetas: multiculturalidade, integración, tolerancia, diversidade cultural. 

Autoría: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.