Mostrando entradas con la etiqueta colectividade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colectividade. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de abril de 2018

QUEBRACABEZAS



Bianki, D., QUEBRACABEZAS, Pontevedra: Kalandraka, 2016, [56 pp.], (ISBN: 978-84-8464-996-0).

  




Descrición do formato e o contido. Este libro de tapa dura e encadernado en cartoné resalta especialmente pola súa cuberta e mais polo seu deseño de gran orixinalidade. Presenta a temática da existencia de diversas identidades que se relacionan entre si onde non hai cabida para a discriminación e a exclusión. Nesta proposta lúdica, o autor, mestre de debuxo e deseñador, pon énfase nas ilustracións realizadas a partir de caixas de cartón reutilizadas, pintadas e encaixadas imitando a un quebracabezas e por tanto creando un impacto visual extraordinario. Se pretende xogar co lectorado invitándoo a experimentar e a elaborar identidades ilimitadas creando tantas combinacións coma sexa posible. Cada palabra do texto vai en letra minúscula e sitúase nunha caixa cunha cor determinada facendo aínda más atractiva a historia. Desta forma, queda reflexado a variedade de formas, tamaños e cores que pode haber semellando á súa vez a disparidade de persoas coas que coexistimos. Na parte central, atopamos un xigantesco despregabre que agocha unha mensaxe clara e concisa relativa a inclusión e, xa cara o final do libro proponse unha actividade de reciclaxe (de escarvadentes, mistos, pasta dental, lámpadas, té...) seguindo paso a paso a recomendación de poder crear infinitos debuxos a partir de caixas recicladas.
É conveniente resaltar, entre outros, a mención recibida polo autor na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña 2015 (discapacidade).
 
Potencialidades educativas. Recorda que todos formamos parte do mundo e, a pesar das diferenzas de cada persoa (costumes, ideas, aparencias...), o esencial nos une neste gran quebracabezas infinito. Todos somos diferentes é ao mesmo tempo parecidos.

Recursos de interese.

Etiquetas: diversidade, colectividade, inclusión, reciclaxe.
Autoría: Prímulas (Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez).