sábado, 7 de abril de 2018

A historia de Erika



Vander Zee Ruth; A historia de ErikaInnocenti Roberto (ilust.); Pontevedra: Kalandraka,
2004, [32 pp.], ISBN: 84-8464-520-7

Breve descrición do formato e contido:

Álbum ilustrado con encadernación en cartoné onde destaca principalmente un troquelado
con forma de estrela de seis puntas de cor amarela que simboliza ó Xudaísmo.
O álbum narra a historia de Erika, unha supervivente do Holocausto, que conta, de
maneira aterradora os seus recordos.
As ilustracións, fortemente realistas, acompáñanse cun texto moi duro que describe a
situación. As imaxes son hiperrealistas, que semellan fotogramas dun filme. Os
elementos de cor mostran, o elemento distintivo dos xudeus (a estrela) como a
esperanza.
O papel é satinado con portada en anteportada rugosa e de unha cor diferenciada do
resto do álbum. Chama a atención o uso deste tipo de papel no libro.

Potencialidades Educativas:

Con este álbum acercamos o tema da guerra e do odio intercultural ós máis cativos,
inculcando valores de respecto cara outras culturas.
Traballando con este álbum podemos evitar que a historia volva repetirse. Ademais,
desta forma podemos acercarlles tamén o tema dos refuxiados, un tema moi actual.

Recursos de interese:

En Youtube podemos atopar un vídeo onde se narra a historia:

https://www.youtube.com/watch?v=8Ih6yBZDqJI

Ademais tamén atopamos un booktrailer realizado pola Editorial que publicou a obra:

https://www.youtube.com/watch?v=8Ih6yBZDqJI

Por último tamén atopamos neste canal un vídeo onde a directora da Biblioteca de
Cambrils fala sobre a obra:

https://www.youtube.com/watch?v=vjqblPb5b8o

Etiquetas: Álbum Ilustrado, tabú, morte, guerra, Ruth Vandeer Zer, Kalandraka

Autoría: As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez,
Luis Lois Carro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario