lunes, 26 de marzo de 2018

Tío lobo

Ballesteros, Xose, Tío Lobo, ilustr. Roger Olmos, Pontevedra: Editorial: Kalandraka, col.”Os contos do trasno”, 2008, idioma galego, [40pp.] (ISBN: 978-84-8464-910-6).



Breve descrición do formato e do contido da obra. Neste álbum literario nárrase a historia dunha nena moi larpeira e cobizosa, que por non querer facer un traballo na escola lisca ao baño, dórmese e queda sen probar as chulas. Ese día chegou chorando a casa e a súa nai díxolle que lle faría ese delicioso doce, mais tiña que ir buscar unha tixola á casa do Tío Lobo. Este deixáballe o pedido coa condición de que ao día seguinte lle levase una ducia de chulas, unha bola de pan de millo e unha botella de vino. Cando Carmela  ía camiño da casa do Tío Lobo, papou todas as chulas, o pan e o viño e realizou diversas argucias para enganalo, pero estas non lle deron o resultado esperado e sufriu as consecuencias por parte do Tío Lobo.
Esta obra segue unha estrutura lineal e preséntase a través dun discurso con forza literaria, dispoñendo dun vocabulario moi rico e variado. Está composto por un texto que ocupa gran parte do álbum, narrado en primeira e terceira persoa,  no que existe un narrador heterodiexético e dánse diálogos entre as personaxes. A voz da protagonista expresa os seus comportamentos erráticos e a súa personalidade, mentres que a voz dos outros personaxes expresan o seu malestar cara ela e a ameaza.  Este conto  presenta repeticións e acumulacións de elementos.
 O formato deste libro é cadrado. As ilustracións son figurativas, grandes e polo xeral ocupan toda a folla. Presenta primeiros planos secuencias con diferentes perspectivas e xoga cos tamaños das personaxes, para darlle maior énfase a uns e outros cando lles corresponde. As imaxes son complementarias,  acordes ao que se narra, moi  expresivas, e coidadas con moitos detalles que suman e enriquecen a historia. Teñen unha gran dose cómica e mesturan ambientes realistas con elementos surrealistas, que espertan a imaxinación do lector.
Este conto popular con tradición en países como Francia e Italia, foi seleccionado pola International e Jugend Bibliotek de Munich (Alemaña) como un dos mellores libros editados en todo o mundo en 2001.

Potencialidades educativas. A través deste conto cheo de humor, suspense é cun final inesperado a obra trata aspectos como son o medo, mentira, castigo, pereza e cobiza. Esta obra é axeitada para traballar certos valores e temáticas nas primeiras idades, para que as crianzas comprendan mellor estes conceptos.

Recursos:
Blog con actividades: 
Vídeo do conto narrado nunha escola:
Vídeo conto en castelán:
Vídeo conto en portugués:

Grupo conflitos persoais: (Nuria Castiñeira Rodriguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez Da costa,  Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal ).

No hay comentarios:

Publicar un comentario