Saiz, Raquel, Nariz de Ouro, ilust. Juliana Bollini, trad. Marisa Nuñez, Pontevedra: OQO
Editorial, col. “O”, 2010, [40 pp.] (ISBN: 978-84- 9871-228- 5).
Breve descrición do formato e contido: Neste álbum ilustrado de tapa dura os debuxos conviven en todas as páxinas xunto co texto, que se sitúa dun xeito estratéxico nas áreas máis diáfanas para facilitar a súa lectura. Juliana Bollini, a ilustradora deste conto, utiliza a técnica do papel maché e as imaxes que ofrece son o resultado de diferentes colaxes, nas que se mesturan recortes de papel, cartón, tea... de gran colorido. A imaxe principal da cuberta representa o protagonista da historia, do que destaca o seu nariz de gran tamaño. Unha vez que nos internamos no texto, que tamén xoga co tamaño e disposición das letras, descóbresenos a Eduardiño, un neno que é discriminado pola súa aparencia física. Na escola recibe burlas constantes e a súa nai lelle o relato de O patiño feo para animalo e recordarlle que un día se converterá nun cisne. Non obstante Eduardiño quere seguir sendo como o pato e non quere cambiar, xa que lle atopa moitas funcións ao seu gran nariz. Así sérvelle para pendurar calcetíns, ulir mellor as flores e incluso para salvar un barco dun naufraxio, de aí que sexa condecorado como “nariz de ouro”. Trátase dunha historia que a súa autora lle dedica a súa nai, quen sempre lle inculcou que nunca mudase.
Potencialidades educativas: A través desta obra podemos traballar a igualdade e a
coeducación. Ademais, permite afrontar temas como a autoestima, a confianza nun mesmo e
o respecto cara aos demais, sen ter en conta cuestións de carácter físico. Tamén visibiliza a
axuda que a familia e a lectura poden ofrecer para salvar certas situacións difíciles, á vez que
potencia a imaxinación como canle de superación.
Recursos de interese: Audiocontos
http://www.crtvg.es/infantil/ademais/audiocontos/nariz-de-ouro
Autoras: SQRUPS (Ángela López Ferradás, Miriam Rodríguez Martínez, Valeria Vázquez
Martiñán, Laura Veiga Darriba).
No hay comentarios:
Publicar un comentario