Ballesteros, Xosé (adapt.), Tío lobo, ilust. Roger Olmos, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. “O contos do trasno”, 2014, [32 pp.], (ISBN:978-84-846-4042-4).
Esta historia de aprendizaxe recolle na cuberta o elemento detonante dos feitos narrados dun xeito moi suxestivo, ao representar unha tixola con forma de lobo, que ten continuidade na contracuberta. O carácter medoñento dos contos protagonizados por lobos tamén se advirte nas gardas de cores escuras, que se contrapoñen á imaxe colorida da nena recollida na portada. Estes tons chamativos mantéñense na sucesión das imaxes deste álbum, que nos ofrecen unha lectura visual complementaria e enriquecedora do texto. Estas imaxes ocupan as dúas páxinas dunha forma continua e ofrecen múltiples xogos de perspectivas e tamaños, sobresaíndo entre elas as figuras dun inmenso lobo e as da nai e as da nena, cuxo cabelo parece ser o seu elemento máis característico. Úsase o mesmo tipo de letra para reproducir esta historia de final sorprendente, que se recolle nun tamaño superior de no seu remate inesperado, pero que non deixa de ser unha consecuencia da actitude irresponsable de Carmela.
Potencialidades educativas. Esta proposta narrativa permítenos abordar a mentira e as súas consecuencias a partir duns personaxes moi familiares para a infancia. Tamén nos ofrece a posibilidade de realizar lecturas ou representacións dramáticas, así como tratar outros temas como é a gula e a non capacidade de asumir as responsabilidades.
Recursos de interese.
Dramatización do conto:
Contacontos e actividade en gran grupo:
Autoría. Contistas (A. Martínez (P), A. Ramiro, N. Reyes, B. Sierra).
No hay comentarios:
Publicar un comentario