lunes, 26 de marzo de 2018

La ovejita que vino a cenar.


Smallman, Steve, La ovejita que vino a cenar, ilustr. Joelle Dreidemy, trad. Monserrat Alberte, Barcelona: Editorial: Beascoa, col. “Ya sé leer” (a partir de 4 anos), 2006, [28 pp.] (ISBN: 978-84-488-2454-9).



Breve descrición do formato e contido. Desde as imaxes exteriores deste álbum rectangular de tapas duras, o lectorado xa pode intuír cal é a temática da historia que recollen as súas páxinas. Na cuberta atopamos o título do libro coa ilustración da ovella e do lobo sentados nunha mesa, mentres que na contracuberta vemos o lobo e a ovella abrazados moi agarimosamente. Así mesmo noutras partes do volume, como é a cuberta, avánzanse outros aspectos desta historia de amizade que tamén se pode seguir a través dunhas ilustracións repletas de color e de emoción. Baixo o formato gráfico dun texto, no que sobresae o emprego dalgunhas letras maiúsculas, recóllese a historia dun lobo que sempre tiña fame e que ceaba sopa de verduras, ata que aparece na súa porta unha ovelliña chea de frío. Malia pensar que acabaría sendo un suculento manxar, a relación que se establece entre estes dous personaxes fai que todo mude. Finalmente acaban sendo amigos como quería a ovelliña.

Potencialidades educativas. Con este relato pódese traballar a amizade, a través da alimentación, de dous individuos nun principio antagónicos. Así evidénciase como cada un de nós se pode facer amigo doutra persoa que ao inicio se considera hostil ou inimiga, ademais de apareceren outros valores relativos á solidariedade, emocións...


Recursos de interese.



Autoras: Pulgariñas (Ana Salgado Pazos, Cecilia Solla Vázquez, Alicia Vidal Peneireiro e Tatiana Viéitez Losada).

No hay comentarios:

Publicar un comentario