miércoles, 21 de marzo de 2018

Orellas de bolboreta


Aguilar, Luísa, Orejas de mariposa, ilust. André Neves, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka, col. Demademora, 2009, [24 pp.] ( ISBN: 978-84-8464-662-4).

Breve descrición do formato e contido. Na cuberta rechamante deste álbum aparece a protagonista e tamén unha bolboreta ao seu carón, da que se fará referencia no transcurso da lectura. Desde esta primeira imaxe tan chea de cor xa se caracteriza por ser unha nena de cabelo avultado, marcado nariz e grandes orellas que chaman poderosamente a atención dos máis pequenos. As ilustracións interiores de protagonistas deseñados con trazos cómicos amplifican o contido recollido nun breve texto de estruturas gramaticais sinxelas e reiterativas, que están confeccionadas a partir dunha distribución léxica chea de sonoridade. A obra relata a historia dunha nena chamada Mara, a cal recibe burlas e discriminación pola súa aparencia física e forma de vestir. Porén, grazas á súa nai, comeza a ver todo o que lle sinalan como negativo da súa fisionomía como algo positivo, de aí que decida deixar de lado todos os comentarios despectivos que recibe.

Potencialidades educativas. É este un conto no que se traballan valores fundamentais para a creación dun mesmo como persoa. É importante nestas idades que a nenez comprenda que todos somos iguais, sen xulgar unha primeira impresión, e textos como o presente son un dos mellores instrumentos. Tamén permite afrontar temas de autoestima, os sentimentos, a confianza nun mesmo, o respecto cara aos demais..., desde a óptica de combater calquera situación de burla e sacar o lado positivo de todo. Como sucede en Orejas de mariposa é importante ensinar o valor das características que nos diferencian, aceptándonos como somos e reforzando así a nosa personalidade.

Recursos de interese.
Videoconto:
Canción do conto:
Caderno de actividades:
 https://issuu.com/isabelbronchales/docs/orejillas_def

Etiquetas. Álbum ilustrado, discapacidade, Luisa Aguilar, Orellas de Bolboreta e Supermaestras.

Autoría. Supermaestras (Carolina Lloret González, Marta Pérez Solla, Alejandra Rodríguez Cavallé, Malena Sánchez Gándara e  Laura Vázquez Ramil)

No hay comentarios:

Publicar un comentario