Carle, Erick, La pequeña oruga glotona, trad. Esther Rubio, Londres,Editorial
Kókinos, edición despegable, 2009, [16pp.]
(ISBN: 978-84-96629-87-5).
Breve descrición do
formato e contido. Dende as imaxes exteriores deste álbum ilustrado rectangular de tapas
duras, xa se anuncia a temática da historia que recollen as súas páxinas
interiores. Na cuberta amósanos a eiruga en gran tamaño, mentres que na
contracuberta nos ensina unha eiruga pequena enriba dunha folla.
Este álbum dálle moita importancia ás imaxes en relevo deixando en segundo
lugar o texto, o cal é breve. Esta historia pódese seguir a través das
ilustracións, nas que sobresae a figura da protagonista. Nela recóllese a
transformación que sofre a eiruga, desde que sae do ovo e vive os seguintes
procesos ata converterse nunha bolboreta, grazas á súa alimentación. É tanta a
voracidade que ten que chega incluso a facer un buraco no mesmo volume que
podería incluírse dentro da modalidade dos libros obxecto.
Potencialidades educativas. Con esta obra pódese
tratar a importancia de alimentarnos ben para ter unha boa saúde, así como a
variedade de alimentos (especialmente as froitas), a cantidade, os tamaños...
Tamén permite coñecer o proceso da metamorfose e outras cuestións vinculadas
cos días da semana, os números...
Recursos de interese.
Proposta didáctica.
Proxecto
intelixencias múltiples.
Actividades para traballar a obra.
http://ceiparturoduperier.centros.educa.jcyl.es/sitio/upload/LA_PEQUENIA_ORUGA_GLOTONAactividades.pdf
Autoras. Pulgariñas
(Ana Salgado Pazos, Cecilia Solla Vázquez, Alicia Vidal Peneireiro e Tatiana
Viéitez Losada).
No hay comentarios:
Publicar un comentario