martes, 20 de marzo de 2018

A pota que trota


Patacrúa, A pota que trota, ilust. Kristina Andres, Pontevedra: OQO editora, 2009, [36 pp.] (ISBN: 978-84-96788-95-4).

Breve descrición do formato e contido. Álbum de tapas duras que na ilustración da cuberta representa os protagonistas da historia -un matrimonio coa súa pequena filla- e tamén a pota, elemento ao redor do cal xira a historia. As ilustracións interiores non son realistas, senón que son feitas a modo de debuxos figurativos repletos de cor. O texto ocupa aproximadamente a terceira parte da páxina e sempre vai acompañado de ilustracións que retratan o fundamental do narrado. Sobresaen diversos enunciados que destacan en negra sobre todo frases feitas como “Venme como anel ao dedo”.
O texto está contado a través dun narrador que mostra a historia dunha familia que non dispoñía de recursos económicos e apenas tiña para comer ata que cambiaron a súa vaca por unha pota. Esta pota ía á casa do rei onde conseguía comida e xoias para darllas a esta familia que acaba compartindo todo cos demais habitantes que tamén o necesitaban. A historia remata cando o rei do pobo se quería desfacer da pota e remata caendo nela. Esta escapou e nunca máis se volveu saber do rei que era un auténtico mesquiño e non compartía a súa fartura.

Potencialidades educativas. A través desta obra podemos traballar a importancia da alimentación para o noso corpo, á vez que tamén se abordan cuestións vinculadas coa solidariedade e a importancia de compartir.

Recursos de interese.
Proposta didáctica de A pota que trota http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?file_path=/portal-lingua/recursos/UD_Pota.pdf


Autoras. Pulgariñas (Ana Salgado Pazos, Cecilia Solla Vázquez, Alicia Vidal Peneireiro e Tatiana Viéitez Losada).

No hay comentarios:

Publicar un comentario