Breve descrición do formato e contido. Nun peculiar formato apaisado e estreito, a cuberta desta obra xa nos presenta o protagonista cando era pequeno sobre un fondo branco que semella ser un sobre no que el se apoia dende o interior. A modo de detalle e para outorgarlle sensación de volume á cuberta, inclúe tamén un cachiño de fío vermello que o protagonista ten entre as mans e un recadro co borde e letras vermellas onde se escribe o título. No interior atopamos ilustracións compostas de finas liñas de cor negro e o fío en vermello, todo sobre un fondo branco sen moitos detalles, só algunha maneira de xogar co papel para dar relevo ou profundidade. O texto distribúese entre a parte superior da páxina e a inferior da seguinte, a través dunha linguaxe doada e concisa, pero atractiva. A voz en primeira persoa dun neno relatános a súa experiencia de vida, que se fixa sobre todo na espera dos momentos máis relevantes. Así agarda que chegue o Nadal, que pare de chover, reencontrarse coa moza, ter un fillo, ter netos, que a súa muller se recupere. Na espera de todo isto, perde a muller e espera que a morte lle chegue tamén a el, aínda que deixa ver un raio de esperanza ao final coa chegada dunha nova vida, a do seu futuro neto.
Potencialidades educativas. É esta unha obra que convida a abordar cuestións vinculadas co ciclo da vida, sempre cargado de alegrías e asaltado por duros e tristes sucesos. Coa exemplificación desta historia quere animarse a superar os malos acontecementos da vida e pensar no positivo, pois, aínda que a morte é un suceso lutuoso, co tempo pode superarse. Tamén permite abordar a empatía, xa que co transcurso da historia o lectorado identifícase co protagonista e as súas vivencias.
Recursos de interese.
Vídeo animado “El hilo de la vida”de Youtube https://www.youtube.com/watch?v=i2Ymk0Vl7ms
Autoría. Grupo Baleiras. (Irina Svetlana Bello González, Alessandra Bispo Portas, Judit Cerviño Malvido, Xiomara Laranxeiro Casás)
Autoría. Grupo Baleiras. (Irina Svetlana Bello González, Alessandra Bispo Portas, Judit Cerviño Malvido, Xiomara Laranxeiro Casás)
No hay comentarios:
Publicar un comentario