Holmelund, Else, A amiga de osiño, ilustr. Maurice
Sensak, Pontevedra: Kalandraka, 2015, [64 pp.], (ISBN: 978-84- 84649-45- 8).
Breve descrición do formato e do contido. Neste álbum ilustrado nárrase a historia dun entrañable osiño humanizado, que cheo de ilusión coñece unha nena chamada Emilia, con quen rapidamente establece unha grande amizade. Osiño e Emilia comparten paseos, charlas e festas cos demais habitantes do bosque. O final do verán vai chegando, polo que os dous amigos terán que separarse, non antes sen prometerse reencontrarse no verán seguinte.
Esta historia aparece recollida nun volume de formato de tapa dura tamaño 15x23 cm. Na súa cuberta atopámonos cun debuxo dos dous protagonistas, Osiño e Emilia, xogando cunha boneca.
O discurso textual preséntase nunha estrutura lineal dividida en tres partes: unha introdución, un nó e un desenlace. As sesenta e catro páxinas da historia que compón este álbum ilustrado están divididas en catro capítulos. No texto resalta a simplicidade da linguaxe e da sintaxe dos textos e dos diálogos, sendo estes últimos un recurso moi presente.
A imaxe da cuberta é un adianto dos debuxos que nos imos atopar ao longo da obra, debuxos elaborados e complexos nos que as figuras aparecen con vestidos antigos que transmiten afecto. Os debuxos son realistas e resultan complementarios ao relatado nos textos, que se atopan nas inmediacións dos debuxos. Chama a atención que
estas ilustracións só aparezan nas cores verde e marrón, ademais do negro empregado para perfilar os contornos.
Potencialidade educativas. Esta obra ofrécenos numerosas posibilidades formativas. Por
unha parte, permítenos traballar cos nenos e nenas o valor da amizade e mostrarlles que, en ocasións, os amigos teñen que marchar e mudar de fogar. Iso non significa que non se sintan preto, xa que poden seguir mantendo o contacto por outras vías. Por outro lado, atopámonos coa posibilidade de traballar a diversidade. Os dous protagonistas da historia fanse amigos aínda que pertencen a dous mundos distintos e entre eles son moi diferentes, el é un osiño e ela unha nena.
Grupo: Cabaciñas (Laura Domínguez Álvarez, Tania García Pereira, Janira Gil Lago,
Noelia Gontad Saavedra e Emma Juncal Paredes).
No hay comentarios:
Publicar un comentario