Un avó especial
Yus, Carlos, Un avó especial, Ilustr. María Campos, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. “Migallas”, 2011, [28pp], (ISBN: 978-84-614-7328-1).
Breve descrición do formato e contido da obra:
Libro ilustrado de tapas duras inspirado na obra teatral do mesmo nome creada pola compañía Migallas Teatro. A cuberta adiántanos información referente a temática do libro, pois móstranos o título Un avó especial e presentanos mediante un debuxo ao personaxe principal, un vello sentado nunha cadeira. Na mesma cuberta podemos observar tanto o nome da autora e ilustradora como o nome da colección. A contracuberta ofrécenos unha pequena xustificación da temática do libro. As ilustracións non destacan por ser especialmente coloridas, pero achégannos detalles convenientes para completar o fío da historia. O texto é sinxelo e está estruturado a partir dos códigos do discurso teatral dramático.
Todo xira ao redor dun avó e a súa neta. Este coidaba dela desde pequena, xogaba con ela e cando era preciso tamén lle rifaba. Co paso dos anos o avó padeceu de Alzheimer. A pequena ao principio non comprendía os seus cambios de humor e os seus despistes, ata que os seus pais llo explicaron. Entón a neta decidiu afrontar a nova situación coidando do seu avó, e intentando cada día que os recordos volveran a xurdir. Malia que ás veces lle custaba traballo, non se daba por vencida, pois o seu amor e admiración por el non tiña límites.
Potencialidades:
Este proposta dramática pretende facer comprender aos nenos que as persoas maiores poden padecer enfermidades como o Alzheimer e que, en lugar de estar tristes, o que deben facer e tomar una visión optimista ante a situación, coidando e axudando aos seus maiores a modo de gratitude polo que levan feito por eles. Tamén se aproxima ao tema das relacións dos pequenos cos maiores da familia, vendo que os avós poden ser un gran apoio para eles e transmisores de sabedoría tradicional como os xogos e cantigas populares. Indirectamente failles ver aos nenos e nenas que non poden discriminar a unha persoa maior polo feito de non poder valerse por si mesmo ou padecer algún tipo de enfermidade, senón que deben axudalo e querelo tal e como é.
Etiquetas:
Amor, coidado, enfermidades, emocións, familia, vellez.
Recursos: Obra teatral “Un avó especial”
Autoría: As escolmadoras (Melany Alonso, Carla Cabaleiro, Sofía Bértolo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario