miércoles, 2 de mayo de 2018

Tam, Tim e Tom



Mezquita, Roberto, Tam, Tim e Tom, ilust. Paolo Domeniconi, Pontevedra: OQO Editora, Col. “O”, 2017, [40 pp], (ISBN:978-84-9871-541-5).

Breve descrición do formato e contido. Este álbum ilustrado, con encadernación cartoné, preséntanos na cuberta os tres protagonistas da historia acompañados dun corvo, que ocasionará o conflito no conto. No libro podemos atoparnos cun vocabulario moi sinxelo e cunha historia narrada en terceira persoa. O desenvolvemento do argumento é lineal e está centrado nos valores. As imaxes son as verdadeiras protagonistas deste conto, poñendo o texto nun segundo texto. Encontramos unhas ilustracións cunhas formas suaves, ben definidas, cunha textura propia das temperas e cuns tons cálidos, propios do outono. Esta obra, feita a partir dun conto dos irmáns Grimm, trata a vida de tres irmáns e da súa vida cotiá. O pequeno traballa no monte para levar leña para a casa. O mediano e o maior levantábanse máis tarde e encargábanse da horta, das galiñas e de prender o lume. Un día un corvo falou co máis pequeno e convenceuno de que os seus irmáns estaban a aproveitarse del. Enfadado, foi para a casa, tiveron unha liorta e chegaron á decisión de que ían intercambiar as tarefas. Isto non foi boa idea, xa que acabaron todos mancados debido a que non sabían como se facían as tarefas dos seus irmáns. O corvo, ao velos mancados, mofouse deles. Finalmente, os irmáns chegaron á conclusión de que o mellor era facer os tres xuntos todas as tarefas da casa e, realizándoo desta maneira, tiveron tempo para o descanso e o lecer. A figura do corvo é moi interesante na historia, debido a que ao comezo parecía un personaxe con poucas boas intencións, que o único que quería era que os tres irmáns se enfadase, pero, avanzado o relato, vemos que grazas a el agora os irmáns traballan de mellor maneira, traballan cooperativamente.

Potencialidades educativas. Esta obra permítenos ensinarlle e mostrarlle á nenez, dunha forma práctica, as vantaxes do traballo cooperativo e tamén da adquisición de novas aprendizaxes. Desta maneira, comprenderán que a mellor opción é compartir e cooperar nunha tarefa cun fin común. Tamén é estupendo para traballar os valores como o respecto e a responsabilidade.

 
 




















Autoría. Noelia Ucha González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario