Isern, Susanna, A mellor sopa do mundo, ilust. Mar Ferrero, trad. Paco
Liván, Pontevedra: OQO Editora, col. “O”, 2015. [36 pp.] (ISBN: 978-84-9871-526-2).
Breve descrición do formato e contido. Álbum ilustrado cun formato cadrado (25x23cm)
e tapa dura, con encadernación cartoné. Na cuberta preséntanos os personaxes
mirando no interior da pota onde se encontra a mellor sopa do mundo. Esta obra
cóntanos a historia duns
animais do bosque que, sorprendidos pola neve, deciden refuxiarse un a un na
cabana da tartaruga. Ela dispoñíase a facer unha sopa e cada vez ían
achegándose máis animais á súa cabana. Non viñan coas mans valeiras, cada un
traía un ingrediente para a súa sopa. Os animais cooperaron e conseguiron
rematar a sopa. Prepararon a mesa, sentaron e todos probaron o rico alimento.
Nese intre todos quedaron abraiados ante o sabor daquela sopa, estaba
deliciosa! Os animais pensaron que a tartaruga lle metera algún ingrediente
especial. Ao rematar a historia todos son coñecedores do verdadeiro segredo da
sopa. O texto do relato aparece nun
tamaño grande e, dependendo da paxina e do que se narre nela, as palabras
aparecen colocadas de diferente forma, o que fai que o conto sexa máis
atractivo. Polo xeral, o texto aparece cun fondo branco, de cor negra, sendo así
unha letra con moita claridade. Nalgúns fragmentos, aparecen letras cun tamaño
maior con respecto ao resto, facendo fincapé nelas. Na mesma banda, os diálogos
entre os diferentes animais aparecen en negriña para destacalos. Por outro
lado, a ilustradora, tendo en conta o pelo dos animais e a súa roupa, xoga cos
lapis de cores para ofrecernos estas imaxes simples pero a vez moi tenras. Ao
comezo da historia destaca a cor branca, xa que fora da cabana da tartaruga
está producíndose unha gran nevarada. Esta cor estará presente durante toda a
obra no fondo das ilustracións. Segundo vai avanzando a historia, chaman a
atención as cores das roupas dos animais, polo seu colorido.
Potencialidades
educativas. Con este conto podemos amosarlles aos máis pequenos e
pequenas as grandes vantaxes da cooperación, xa que os animais axúdanse durante
todo o proceso da elaboración da sopa e conseguen que quede deliciosa. A
cooperación segue presente, tamén, ao rematar de comer a sopa, cando todos
lavan os pratos e forman unha cadea para levalo a cabo. Tamén se amosa a parte
máis tenra da amizade e da grande hospitalidade, dous aspectos moi importantes.
Recursos
de interese.
Canción:
Representación da canción
cunha obra de teatro:
Representación da obra na
aula:
Autoría. Noelia Ucha González.
No hay comentarios:
Publicar un comentario