Pavlova, Anna (2001), Soñé
que era una bailarina, ilustr. Edgar Degas, adapt. Miguel Ángel Mendo,
Barcelona: Ediciones Serres, 17 pp., (ISBN: 84-8488-062-1).
Breve descrición do formato e contido. Estamos ante un relato de Anna Pavlova, unha bailarina que viviu entre os sécuos XIX
e XX e que revolucionou o mundo do ballet cambiando un detalle nas puntas das
súas zapatillas. Nel recréanse aspectos vinculados coas súas orixes humildes e
a perda do pai, como se pode comprobar a partir da súa autobiografía escrita en
1912, Pages of my life. Para celebrar
o seu aniversario, a nai lévaa a ver a obra La bella durmiente de
Tchaykovsky. Gústalle tanto que decide ser bailarina e soña con representar esa
mesma obra. Conseguirao? O relato narrado en primeira persoa e con numerosas
evocacións cara ao tempo pasado non o desvela, aínda que si o fai a información
recollida nas últimas páxinas desta historia de tinturas biográficas, na que
sobresaen os afectos existentes entre a filla e a amante nai. As estruturas
sintácticas están moi marcadas pola recorrencia ao estilo indirecto, as
reiteracións e os tons líricos, ademais de o léxico evidenciar unha coidadosa
atención. Malia as dificultades que, nun primeira lectura, lle poidan presentar
ao público infantil, coa intervención da figura do mediador-docente pódese
chegar á cerna da historia.
A ilustración da
cuberta recolle a imaxe dunha bailarina en plena execución dun paso, que se
acompaña dun fragmento dunha das obras do pintor impresionista Edgar Degas, de
quen se toman outras referencias artísticas no interior deste volume en cartoné.
A súa proposta ilustrativa non se cingue ao escrito, senón que intenta contar unha
historia alternativa ao mesmo tempo que somerxe o lector no mundo da danza. A
relevancia de Pavlova e Degas no mundo artístico xustifica que se inclúan as
súas respectivas biografías; mentres que o carácter documental desta obra tamén
se manifesta na incorporación dun apartado dedicado á biliografía.
Potencialidades educativas. Esta biografía encuberta
desde a ficción lánzalle ao alumnado máis novo a idea de que, a pesar das
dificultades iniciais, na vida se poden acadar os soños, á vez que pon en valor
o papel das mulleres. Así mesmo facilita o achegamento a diferentes artistas
(Anna Pavlova, Edgar Dagas, Tchaykovsky...) e
manifestacións creativas para que as coñezan e aprendan a valoralas,
especialmente, a pintura e a danza. Esta historia que desprende arte por todas
as súas páxinas tamén é transmisora de grandes doses de amor, empatía, afán de
superación...
Recursos de interese.
Blog para traballar o impresionismo con nenos:
Blog sobre as obras de
distintas mulleres:
Música para nenos/as:
Autoría: Mulleres na historia ( Andrea García Revuelta, Helena Lemiña Gómez, Paula Rey Diz e Mª Cristina Vidal Martínez)
No hay comentarios:
Publicar un comentario