Lionni,
Leo, O soño de Matías, ilust. Leo Lionni, col. “Libros
para soñar”, Sevilla: Editorial Kalandraka, 2013. [32pp], (ISBN
978-84-8464-794-2)
Breve
descripción do formato e contido. A
obra que nos encontramos a continuación ten unhas dimensións de 22
X 27,5 cm e estructúrase en 36 páxinas. Este pequeno conto é
perfecto para os mais pequenos. Matías é un pequeno rato que non
ten moi claro o que dedicarse cando sea maior. Ten a influenza da súa
familia, unha familia inmersa na pobreza, que quere que sexa médico,
pero él non o ten moi claro. É nunha pequena excursión a un museo
cando se da conta de que quere ser pintor. Esta visita ó museo
cambialle a vida e lle abre as portas a un mundo cheo de cores e
formas. Nese momento dase conta de que o seu soño é viaxar e
expoñer as súas propias obras en salas de prestixio internacional.
As
ilustracións son acorde ó libro, xa que son ilustracións moi
descriptivas cheas de diferentes cores e diferentes técnicas.
Potencialidades
educativas. Esta obra é
perfecta para introducir ó alumnado no arte, na interpretación das
formas é dos cores. Así coma coñecer os diferentes lugares onde o
arte é parte primordial da súa cultura.
Recursos
de interese.
https://es.slideshare.net/yrgs27/el-sueo-de-matas
(conto online)
http://creandoideasmallen.blogspot.com.es/2014/03/el-sueno-de-matias.html
(traballo na aula)
Autoría:
Patricia A. Gerosa Moretti
No hay comentarios:
Publicar un comentario