martes, 1 de mayo de 2018

EL ELEFANTE MAINU Y LA AMISTAD




Balada Herrera, Monserrat. El elefante Mainu y la amistad, ilust. Óscar Julve, col. “Carambuco cuentos”, Barcelona: Editorial Carambuco ediciones, 2014, [24pp], (ISBN:978-84-941225-2-1)

Breve descripción do formato e contido. O elefante Mainú cada día tiña mais intriga de coma era a amistade, como era o seu aspecto.Así que un día decidiu sair en busca dunha resposta. Durante a súa viaxe, Mainú íase encontrando con diversos animais e cós problemas que estos tiñan. Unha zebra sen raias, unha tartaruga que non sabía nadar... Ainda que o pequeno elefante lle axudaba a sulocionar os seus problemas, estes non conseguían dicirlle como era a amistade. Despois de multiples aventuras, todos xuntos conseguiron encontrar unha resposta.
A obra encóntrase tanto con tapa branda coma con tapa dura e ten unhas dimensións de 21x28 cm. O libro está cheo de ilustracións dirixidas a nenos da área do segundo grao de educación infantil, ilustracións cheas de cores e moi diferentes técnicas de debuxo.
Unha das valoracións positivas que ten este conto é que está acompañado dun DVD é unhas páxinas especiais para persoas con deficiencia auditiva. O DVD está elaborado por especialistas xordos da fundación CNSE.

Potencialidades educativas. Libro moi divertido para aprender a valorar os amigos e as amigas. Este tipo de obras permítenos traballar temas como a xenerosidade, a bontade, a amizade así como tambien os diferentes animais é os lugares que habitan cada un deles.

Recursos de interés.


Autoría: Patricia A. Gerosa Moretti

No hay comentarios:

Publicar un comentario