Imaxe da portada:
Agrelo, Xosé, Cantiga
da costureira poeta: María Mariño, ilustr. Alfonso Costa, Noia/Santiago de
Compostela: Editorial Toxosoutos/Consellería de Cultura e do Deporte (Xunta de
Galicia), 2007, 31 pp. Recuperado da Biblioteca Publica de Sanxenxo.
Breve descrición do formato e contido. Con motivo do día das letras galegas 2007, a Xunta de Galicia impulsou
esta pobulicación divulgativa que contén a vida de María Mariño contada a
través das rimas, emulando a escrita da poeta. O seu corpus creativos está
expresado dun xeito subxetivo coa frecuente inclusión de elementos emocionais
como son os alcumes. Así podemos coñecer que “a Fiscala” era o alcume co que
todo o mundo coñecía a María. Trátase dun libro ilustrado de tapa fina e de tacto
suave que fai agradable o seu uso. Relata como comezou sendo unha costureira,
ao igual que súa nai -“Costureira por herdanza”- e, pouco a pouco, se foi
introducindo na literatura bebendo sobre todo na fonte poética de Rosalía de
Castro. Os feitos evocados non se desvían da súa vida que estivo marcada por
desgraz das que podemos destacar dúas: a guerra civil vivida no País Vasco e a
morte dun fillo. Non obstante, non todo foron tristezas, porque conseguiu topar
o amor, o que lle permitiu conservar a esperanza e a calma. Xa afincada no
Courel, comeza a escribir continuada e profesionalmente. De forma conclusiva
engádense dous poemas de María Mariñono, nos que se aprecian tanto as
influencias de Rosalía como a extrema sensibilidade que a caracterizan. En canto
ás ilustracións, cómpre mencionar que ocupan toda a páxina e son fieis ao
texto. Non son moi diáfanas, desfanse e algunhas veces inclúen colaxes que
rompen un pouco a harmonía da historia. Entremesturan diversas cores e texturas
que non permiten distinguir as formas dos fondos dun xeito claro, mesmo ás
veces só son garabatos de cores para encher a páxina. Xógase moito coas
emocións, de aí que, cando se comenta a morte do fillo de María Mariño, a este
píntano de branco e á nai e ao seu marido de negro intentando, inutilmente,
facer forzas por non separarse del. Toda unha imaxe cargada de sentimento que
fai remover as emocións. O que mellor que se distingue nos debuxos é o rostro
de María Mariño, moi expresivo e xeralmente sorrinte. O exemplo máis claro é a
portada, onde aparece un retrato da protagonista co título do seu nome en
letras moi grandes, tamén con cores moi dispersas que non deixan que te
esquezas do nome desta muller.
Potencialidades educativas. Entre as diversas potencialidades educativas que destacamos
deste libro ilustrado, están o traballo sobre a vida de María Mariño e a
indagación sobre outros autores/as galegos. Podemos incidir sobre a poesía
porque, ademais de ser a ferramenta da autora, é a ferramenta da propia obra coa
que pedirlles aos nenos e nenas que intenten crear algunhas poesías. Así mesmo,
podemos traballar sobre as ilustracións, pedíndolles que as describan ou as
recreen con diversas técnicas. A situación na que se expoñen permite que este
último sexa un campo moi amplo onde desenvolver moita creatividade.
Recursos de
interese.
Blog sobre María Mariño e outras autoras:
Blog para traballar a poesía: http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/ecoblog/migonsua/plan-lector-del-ceip-galicia/actividades-para-trabajar-la-poesia/
Autoría. Mulleres na historia (Andrea García Revuelta, Helena Lemiña, Paula Rey Diz e Mª
Cristina Vidal Martínez).
No hay comentarios:
Publicar un comentario