sábado, 14 de abril de 2018

Sopa de nada


Darabuc (Gonzalo García), Sopa de nada, ilust. Rashin Kheiriyeh, trad. Marisa Nuñez, Pontevedra: OQO, 2010, [44 pp.], (ISBN: 978-84-947756-1-1).



Breve descrición do formato e contido. Este texto narrativo aparece nun volume de tapas duras, que se caracteriza por incluír unhas ilustracións sinxelas, nas que os personaxes dan a impresión de malvados, xa que van vestidos de negro e con lentes escuras. A súa historia procede dun conto popular, Sopa de pedras, e relata o sucedido a tres pillos que, como en moitas das fábulas, están representados por animais. Os dous pícaros son unha zorra e un gato que chegan ao palacio de Xan Rata e piden comida. Levado pola súa avaricia, méntelles e dilles que non ten nada, porque é pobre. Os pícaros non lle cren e ofrécense para facer unha sopa prodixiosa, unha sopa de pedras que está boisíma. Pouco a pouco, van pedíndolle ingredientes para que saiba mellor. Finalmente, enganan a Xan que acaba comendo as pedras da sopa, mentres que os pícaros comen os outros ingredientes. A maior parte do texto confórmano o diálogo entre os personaxes que se asenta na reiteracións dunhas mesmas fórmulas para solicitar novos alimentos que incorporar á sopa, o que convida o lectorado a participar na cocreación da historia.

Potencialidades educativas. Con esta obra podemos abordar cos rapaces e rapazas as medidas e as receitas, así como outros moitos aspectos relacionados cos ingredientes, a disposición dos utensilios (garfos, pratos...) nunha mesa e o saber comportarse nela. Tamén posibilita traballar a oralidade, a través das expresións e ditos que aparecen no conto: “Son pobre como unha cesta sen pan e unha pita sen plumas”, aos que poden engadir outros traídos das súas casas.
Recursos de interese.
Unidade didáctica:

Vídeo dunha actividade realizada a partir da súa lectura:

Etiquetas. Álbum ilustrado, alimentación, avaricia, astucia.

Autoría. Pulgariñas (Ana Salgado Pazos, Alicia Vidal Peneireiro, Cecilia Solla Vázquez e Tatiana Viéitez Losada).

No hay comentarios:

Publicar un comentario