lunes, 2 de abril de 2018

Orejas de mariposa



Aguilar, Luisa (2008), Orejas de mariposa. ilust. André Neves, Pontevedra: Kalandraka [25 pp.] (ISBN:9788496388727)


Descrición da obra. Álbum ilustrado de formato rectangular (cm), con encadernación de tapa dura. Na cuberta aparece a protagonista mirando unha bolboreta que está cerca das súas orellas.O título aparece na parte superior da portada, centrada e nun color que chama a atención en contraste con pelo da nena, onde está situado.





As páxinas interiores son grosas e as súas ilustracións ocupan toda a páxina. Nas ilustracións podemos ver recalcadas as características da protagonista das que se fala. O que fai que sea sinxelo entender do que se fala. Os personaxes e as paisaxes móstranse con cores alegres e vistosos.
Os textos son sinxelos, breves e con rima.
A historia fala de Mara. Mara é unha nena que ten as orellas grandes, polo que os demais nenos/as ríanse dela. Un día a súa díxolle que non era que tivese as orellas grandes, senón que eran orellas de ás de bolboreta. Ao longo do conto vanse nomeando diferentes características de Mara (que consideran defectos) e a nena vai converténdoos en algo bo.


Potencialidades: é un álbum adaptado para nenos e nenas de educación infantil e primaria. Permite traballar con eles as diferencias que poden existir entre as diferentes persoas que existen e mostrar que ser diferente non é malo.


Recursos:
-Canción sobre o conto:
http://cuentoscantados.blogspot.com.es/2012/10/orejas-de-mariposa-cancion.html?m=1

-https://issuu.com/isabelbronchales/docs/orejillas_def


Etiquetas: Empatía, álbum ilustrado, diversidad e interculturalidad.

Autoría: Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres y Cintia González)

No hay comentarios:

Publicar un comentario