lunes, 2 de abril de 2018

Once damas atrevidas



González, Xosé Manuel (2001), Once damas atrevidas. ilust. Thomassen, Pontevedra: Kalandraka [25 pp.] (ISBN: 84-8464-85-X)


Descrición da obra. Álbum ilustrado de formato rectangular (22 cm x 22 cm), con encadernación de tapa dura. Na cuberta aparecen as once damas montadas en motos e motocicletas por un camiño, con roupas coloridas.O título aparece na parte superior da portada, en cursiva e de cor negro. Na contracuberta aparecen de novo as once damas, pero esta vez vense dende atrás, o final do camiño.



As páxinas interiores son grosas e as súas ilustracións ocupan toda a páxina, en todas as paxinas saen todas as protagonistas nun principio son once e a medida que van coñecendo as culturas de todo o mundo, cada dama queda namorada desa terra e decide quedar nela. Os personaxes e as paisaxes móstranse con cores alegres e vistosos.
Os textos son sinxelos, breves e con rima.
Na historia nos conta como once damas atrevidas van polo mundo diante coñecendo as diferentes culturas, con cada lugar aparece un debuxo de algo representativo do lugar que visitan. En cada zona que visitan cada dama namorase da cultura e decide quedar alí.


Potencialidades. Este álbum está recomendado para rapaces e rapazas de idades entre 3 e 6 anos. Aínda que tamén pódese traballar nos primeiros cursos de primaria.


Recursos: https://unpuntocurioso.wordpress.com/2017/05/10/las-once-damas-atrevidas-vuelven-a-salamanca-con-mas-amigas/


http://laschicasdeltenderete.blogspot.com.es/2011/08/once-damas-atrevidas.html


Etiquetas: Empatía, álbum ilustrado, diversidad e interculturalidad.

Autoría: Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres y Cintia González)

No hay comentarios:

Publicar un comentario