Yousafzai, Malala (2017),O lapis máxico de Malala. ilust. Kerascoët, Vigo: Xerais [48 pp.] (ISBN:978-84-9121-284-3)
Descrición da obra. Álbum ilustrado de formato rectangular (23.5 x 26.5 cm),con encadernación de tapa dura. Na cuberta aparece a imaxe da protagonista da historia, Jani, que esta sentada sobre unha mesa co seu lapis e acompañada por un fondo branco. O título recóllese na parte superior con letras grandes e azuis. Na contracuberta volve aparecer unha imaxe de Jani co seu lapis, pero desta vez de pé, sobre un fondo azul que semella unha paisaxe.
As gardas cun fondo marrón cheo de mosaicos tamén recollen o debuxo dun lapis que xa nos anuncia do poder que vai ter este instrumento para cambiar o mundo.
As páxinas interiores son grosas e as súas ilustracións de gran tamaño,predomina a imaxe da protagonista.Abundan as cores cálidas e as frías segundo do que se nos fale nese intre, se é algo alegre haberá cores cálidas, mentres que se a súa carga emocional é máis intensa aparecen as frías.
Cos seus textos sinxelos, breves e de cor negra conta a historia dunha nena chamada Jani, que é árabe ou dun país talibán.
Ela quería o lapis máxico que vira nunha serie e co que transformar en realidade realidade todo o que debuxara. Ela desexaba unha casa, colexios, roupa … coa intención de axudar aos demais. A súa familia non era das máis pobres e non necesitaba traballar para manter a súa familia. De alí que puidese ir a escola, ata que se lles prohibiu ás nenas. Jani,unha rapaza valente racha coas prohibicións postas ao xénero feminino, polo que se encheu de valentía e denuncia a situación que vive no seu país.
Potencialidades. Con este conto, apto tanto para infantil como para primaria pódense traballar cos nenos e nenas a vida das mulleres árabes, como son tratadas nos seus países, que diferenzas hai entre a súa cultura e a nosa,... Tamén se pode traballar po der da palabra, o importante que é falar coas persoas e a valentía.
Recursos:
-Vídeo da protagonista real da historia (24.10.17):
https://www.youtube.com/watch?v=m88xxcAYnfU
-Traballo sobre a vida de Malala,en educapeques:
https://www.educapeques.com/cuentos-infantiles-cortos/cuentos-para-ninos/cuento-infantil-malala-una-luchadora-de-nobel.html
-Cinco frases de Malala para luchar por un mundo mejor (11.10.17):
http://www.elmundo.es/sapos-y-princesas/2017/10/11/59dddd5946163fe6138b45c3.html
-Cuento de Malala hecho por el CEIP El Picacho (05.03.15):
https://www.youtube.com/watch?v=8jGQd-5dOJw
Etiquetas: Empatía, álbum ilustrado, diversidad e interculturalidad.
Autoría: Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres y Cintia González)
No hay comentarios:
Publicar un comentario