lunes, 2 de abril de 2018

Carla. Todos somos distintos



Ágreda, José Luis (2008), Carla. Todos somos distintos. Ilust, Ágreda. Barcelona: Timun Mas [32 pp] (ISBN: 978-84-08-07665-0)


Descrición da obra. Álbum ilustrado de formato cadrado (22 x 22 cm) con encadernación de tapa dura. Na cuberta aparece Carla, que é a protagonista da historia e dous dos seus compañeiros de clase. Aparecen deitados debuxando, sobre unha alfombra vermella cun fondo cor verde.
O título aparece na parte superior co nome de “Carla” en grande e vermello brillante e o slogan “Todos somos distintos” cunha fonte diferente, tamaño mais pequeno e cor azul.
Na contracuberta aparecen dúas imaxes do álbum, unha da protagonista e outra da protagonista e dous dos seus compañeiros. Tamén aparece un breve resumo da historia e o título dos outros álbums que forman parte da colección de “Carla”; todo isto sobre un fondo branco con lunares rosados.
Nas gardas aparece Carla debuxando no encerado cun fondo rosado anunciando que a historia terá como escenario fundamental a escola, mais concretamente a aula.




As páxinas son grosas e nelas predominan as ilustracións grandes con cores cálidas con predomino das cores primarias. A protagonista aparece na maioría das páxinas case sempre rodeada dos seus compañeiros e compañeiras. A figura da mestra tamén e relevante.
A maior parte das páxinas mostran moito colorido, salvo na parte na que se pretende mostrar como sería o mundo sen cores, que aparece en tons amarelos mais apagados con trazos escuros que recordan as fotografías en sepia.
Cos constantes diálogos de Carla e os personaxes do seu entorno e o acompañamento da voz do narrador, este álbum pretende mostrar a importancia da diversidade cultural como medio de enriquecemento persoal e colectivo dentro das aulas. Os seus textos son sinxelos, cun tamaño de letra axeitado e o uso de bocadillos que recordan o cómic.
A historia narra como a Carla lle causa confusión pintar de distintas cores os retratos dos seus compañeiros, posto que na súa aula o alumnado é de diversa procedencia e polo tanto non todos e todas teñen a mesma cor de pel.
Tras a distintas hipóteses dos rapaces e rapazas para tratar de explicar o motivo da cor da súa pel, a mestra resolve poñendo un exemplo dun mundo sen cor.
O alumnado comprende a importancia da diversidade e da súa importancia a través das cores.


Potencialidades: trátase dun álbum indicado para o alumnado de educación infantil de segundo ciclo (4-5 anos). Como tema principal pódese traballar a educación intercultural e a convivencia. E transversalmente a educación en valores (empatía, tolerancia, respecto, etc), a importancia da arte na etapa infantil e a figura da mestra como guía para a resolución de conflitos.



Recursos:
Blog no que se recollen posibles actividades para traballar a partir da lectura:
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/ecoblog/mcanlop/2016/03/01/un-cuento-para-cada-momento/


Etiquetas: Empatía, álbum ilustrado, diversidad e interculturalidad.

Autoría: Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres y Cintia González)

No hay comentarios:

Publicar un comentario