Llenas, Anna, Vacío, Albolote (Granada): Barbara Fiore Editora, 2015, [84 pp.] (ISBN: 978-84-15208-72-3).
Breve descrición do formato e contido. Este álbum ilustrado preséntase nun volume de 23 x 27’5 cm nunha edición en cartoné. Na cuberta xa se evidencia a técnica que caracteriza a proposta ilustrativa de Vacío, que se define pola mestura de cartón, lapis, papel e cores. Nela aparece a imaxe da protagonista, Julia, cun círculo baleiro sobre un fondo de cartón e na parte inferior rexístrase o título en letras grandes e brancas e o nome da autora en cor negra. Desde unha voz narrativa en terceira persoa, desvélase a historia de Julia marcada pola superación e a resiliencia ante unha situación de perda. A nena sente un baleiro inmenso que non é capaz de tapar nin de encher, ata que un día abandona todo o exterior e se centra en todo o que lle proporciona o seu interior (colores, melodías etc.). Pouco a pouco, ese oco vaise facendo máis pequeno, aínda que non chega a cerrarse por completo, porque as perdas tamén marcan. As ilustracións interiores teñen efecto de volume ao estaren os materiais en superposicións, salientando a variación de cores que muda co transcorrer dos feitos narrados.
Potencialidades educativas. Este álbum ilustrado sérvenos para traballar nunha aula como mestras e mestres, e tamén para traballar na casa. Axúdanos a abordar o tratamento desas situacións onde os máis pequenos e as máis pequenas non saben como afrontar a perda de alguén ou de algo, sentindo por dentro un gran baleiro e tristeza. Aproxímase á capacidade para sobreporse á adversidade e atoparlle sentido á vida canalizando os sentimentos ou emocións.
Recursos de interese.
Recursos propios da autora:
Vídeo da autora; como rematará a historia, atopará Julia o seu tapón?: https://m.youtube.com/watch?v=bBVF3iZsyL4
Blog dunha nai que conta que fixo ela na súa casa con este conto: http://www.clubpequeslectores.com/2015/12/libro-infantil-vacio-anna-llenas.html
Autoría. Grupo Baleiras. (Irina Svetlana Bello González, Alessandra Bispo Portas, Judit Cerviño Malvido e Xiomara Laranxeiro Casás).
No hay comentarios:
Publicar un comentario