Holmelund, Else. A amiga de osiño, ilustr. Maurice Sensak. Pontevedra, Kalandraka, 2015, [ 64 pp.], (ISBN: 978-84-84649-45-8)
Breve descripción do formato e do contido. Neste álbum ilustrado nárrase a historia de un
entrañable osiño humanizado, que cheo de ilusión coñece a unha nena humana chamada Emilia, con quen rápidamente entabla unha gran amizade. Osiño e Emilia comparten paseos, charlas e festas cos demais habitantes do bosque. Pero o final do verán vai chegando polo que os dous amigos terán que separarse, non antes sen prometerse reencontrarse ao verán seguinte.
Esta historia aparece recollida nun formato de tapa dura tamaño 15x23. Na súa portada
atopámonos cun debuxo dos dous protagonistas, Osiño e Emilia, xogando cunha boneca. O
discurso textual desta obra preséntase nunha estrutura lineal dividida en tres partes: unha
introdución, un nó e un desenlace. As sesenta e catro páxinas da historia que compón este álbum ilustrado atópanse divididas en catro capítulos, que gardan linealidade entre si.
No texto resalta a simplicidade da linguxe e da sintaxis dos textos e dos diálogos, sendo estes
últimos un recurso moi presente ao longo de toda a obra.
A imaxe da portada deste álbum é un adianto dos debuxos que nos imos atopar ao longo da obra, debuxos elaborados e complexos nos que as figuras aparecen con vestidos antigos que
transmiten afecto. Os debuxos son realistas e resultan complementarios ao relatado nos textos, que se atopan nas inmediacións dos debuxos.
Chama a atención que estas ilustracións só aparezan nas cores verde e marrón, ademais do
negro empregado para perfilar os debuxos.
Potencialidade educativas. Esta obra ofrécenos numerosas posibilidades formativas. Por unha
parte, a partir desta obra podemos traballar cos nenos e nenas o valor da amizade e que en
ocasións os amigos teñen que marchar e mudar de fogar pero que aínda que non estean preto de nós, poden seguir sendo amigos e falar con eles a través de diversos medios ata que se volvan a atopar. Por outro lado, atopámonos coa posibilidade de traballar a diversidade, os dous protagonistas da historia fanse amigos aínda que pertencen a dous mundos distintos e entre eles son moi diferentes, el é un osiño e ela unha nena.
Malia ser unha obra que nos permite traballar o tema da amizade dende unha perspectiva de
diversidade, non se atoparon recursos nin proxectos que partisen deste álbum ilustrado.
Grupo: Cabaciñas (Laura Domínguez Álvarez, Tania García Pereira, Janira Gil Lago, Noelia Gontad Saavedra, Emma Juncal Paredes)
No hay comentarios:
Publicar un comentario