Iglesias,
Gracia, Marcelina en la cocina,
ilust. Sara Sánchez
Nuñez, Madrid: Editorial Jaguar, 2017, [32 pp.] (ISBN: 978-84-16434-74-9).
Breve descrición do formato e do contido. Na
cuberta deste álbum de tapas duras, a partir dunha proposta ilustrativa moi
animada e colorida, xa se nos presenta a protagonista central desta historia
tan culinaria. Trátase da gran xirafa Marcelina, que intenta preparar unha cea
para a súa sobriña, a pesar de que non ten habilidades para a cociña. Non obstante,
esta peculiar xirafa vai contar coa axuda duns animais ben curiosos que lle
propoñen engadir ingredientes ben sorprendentes. O resultado final deste texto
de linguaxe rimada, cómica e repleta de onomatopeas será un misterio. O ton
desenfadado desta historia de animais humanizados tamén se reflicte nunhas
dinámicas ilustracións que permiten, desde unha perspectiva lúdica e con moita
cor, seguir esta divertida historia fácil de memorizar para a nenez.
Potencialidades educativas. Ademais de permitir abordar o tema da alimentación
desde múltiples perspectivas, esta obra é unha magnífica exemplificación do
traballo cooperativo e dos logros que se poden acadar cando as persoas teñen
vontade de superación. Así mesmo, permite traballar cos máis pequenos a
elaboración dun extravangante receitario que mesmo poden poñer en práctica na
aula.
Recursos educativos de interese.
-Canción
interpretada pola autora
-Interpretación
do conto
Autoras. Pulgariñas (Alicia Vidal Peneireiro, Ana Salgado Pazos, Cecilia Solla
Vázquez e Tatiana Viéitez Losada)
No hay comentarios:
Publicar un comentario