Mostrando entradas con la etiqueta Editorial SM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Editorial SM. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de marzo de 2018

Ana no quiere crecer

Rius, Roser, Ana no quiere ir al cole, ilust, María Riusa, trad. Teresa Tellechea, Editorial SM 2005, col. Cuentos para sentir , [32pp.] (ISBN: 978-84-67508-40-68)

Breve descrición do formato e contido da obra. É un álbum literario que narra a historia dunha rapaza que non quere crecer nin ir ao colexio, debido aos celos provocados polo nacemento da súa irmá. Isto conleva a Ana a ter un gran conflito persoal. A rapaza dáse conta de que deixa de ser o centro de atención da familia, mais ela quere seguir sendo a pequena da casa, polo que o seu comportamento cambia radicalmente: comeza a mexar por ela, non quere ver a súa irmá… e adopta unha actitude que chame a atención dos demais. Finalmente, Ana queda a soas coa súa irmá Berta e parece que xa lle vai gustando máis estar con ela.
A obra está editada nun formato cadrado de tapa dura, que dende a cuberta xa nos avanza información a través do título. O relato está narrado en terceira persoa a través dun narrador hetereodiexético, así como en primeira persoa coa presenza de textos dialogados, os cales sosteñen a carga máis expresiva da historia. Desenvólvese nunha estrutura lineal coa súa introdución, nó e desenlace. O discurso textual é sinxelo, escrito en letra maiúscula e de forma redondeada. O texto interior non está presente en todas as páxinas xa que se vai intercalando con imaxes complementarias, que aportan unha maior riqueza á historia. As ilustracións son realistas de gran tamaño con deseños coloristas, ocupando a metade da páxina ou incluso unha enteira, con certos toques humorísticos xerando unha gran riqueza visual. 

Potencialidades. Con este conto podemos abordar a temática dos celos, vendo o cambio radical que ten Ana polo nacemento da súa irmá. Con esta historia as familias daranse conta do coidado que teñen que ter á hora de actuar coa filla maior, xa que non se pode deixar de lado a aquela rapaza ou rapaz que anteriormente era o centro de atención. Polo que neste conto axuda as familias a poder ter unha mellor actuación. Por outro lado, pódese traballar cos cativos e cativas a normalización de ter un irmán ou irmá, os sentimentos e a expresión e control das emocións. 
Os celos duplícanse mais en idades temperás polo que este álbum é moi axeitado para levar as aulas de educación infantil, na cal pódese traballar partindo do control emocional.

Recursos:
Vídeo cuento sin narrador: 

Actividades:

Grupo conflitos persoais: Nuria Castiñeira Rodriguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez Da Costa, Carmen Eiras Conde,  Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal.

La estrella de Lea

Gilson, Patrick, La estrella de Lea, ilustr. Claude K. Dubois, trad. Teresa Tellechea Mora, Madrid: Editorial SM, 2008, [30 pp.] (ISBN: 978-84-675-1779-8)

Breve descrición do formato e contido. Este álbum literario narra a historia dunha nena, chamada Lea, a cal está moi enferma de cancro, e morre pronto. Vivimos a súa experiencia a través do seu mellor amigo Bruno, o cal remata por visitala tódolos días no hospital para pasar bos ratos con ela. Finalmente a nena falece, pero grazas as estrelas do ceo, o seu amigo e a súa nai saben que sempre estará aí con eles cando miren cara arriba. Trátase dun libro moi realista, no que se pode ver como os que rodean as crianzas enfermas, viven este proceso, tanto os familiares, a escola, as amizades...
A historia conta cunha estrutura lineal, cun desenvolvemento, nó e desenlace. Presentase a través dun texto sinxelo, aínda que un pouco amplo, polo que este libro podería considerarse coma un libro de fronteira, axeitado para o último curso de infantil e o comezo de primaria. Nel a voz narrativa dun narrador heterodiexético en terceira persoa nos somerxe na historia, e se entrecruza coas intervencións das diferentes personaxes, as cales sosteñen a carga máis expresiva da historia, contando así cun texto dialogado. A obra está editada nun formato cadrado de tapa dura e, dende a cuberta, xa se poder deducir a temática do conto.
As ilustracións interiores son de tamaño medio cun predominio das cores cálidas, conxugándose na mesma folla imaxes complementarias co texto. Móstranse dende diferentes planos con trazos e pinceladas grosas, algunhas ocupando toda a folla, mentres que outras atópanse encadradas nun marco. 

Pontencialidades educativas. A través deste conto poderíamos levar a aula unha temática tan complicada de abordar como é a da morte, neste caso por enfermidade. É importante traballar isto cos máis pequenos e pequenas, xa que, aínda que está considerado un tema tabú, e a pesar de ser unha circunstancia moi triste e dolorosa, forma parte do proceso vital. Por isto é axeitado traballalo dende as aulas de educación infantil, axudando aos máis pequenos e pequenas a aceptalo, comprendendo que, aínda que non podamos volver ver a unha persoa, esta poderá seguir sempre presente dentro de nós.
Ademais, a través desta obra tamén poderíamos traballar na aula o recoñecemento e expresión das emocións que van aparecendo ao longo do conto, así como o afrontamento de situacións difíciles e a resolución de conflitos. Xa que aparece o tema da amizade poderíamos tamén traballalo.

Grupo conflitos persoais (Nuria Castiñeira Rodríguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez da Costa, Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal).