Maguire, A. Todos somos especiales. Ilust. Sheyla
Lucas. Trad. Yanitzia Canneti, León: Editorial Everest, 2009, [36 pp.], (ISBN:
84-441-4235-2).
Breve
descripción do formato e do contido: Álbum ilustrado de formato 21 x 19, con
encadernación en cartoné e tapa blanda. A cuberta, de gran riqueza cromática,
presenta imaxes de nenos/as , e distintos animais sobre un fondo en cor azul. Todos
diferentes entre eles pero cada un ten algo especial. Tamén aparece nun recadro
con fondo verde, o título do libro, en letras grandes e en cor vermello, e o nome da autora. Na contracuberta, aparece
un pequeno resumo do libro e o título. Nún recadro, hai unha ilustración que
recrea a escena de nenos e nenas abrazando o globo terrestre. No interior do
álbum, atopamos ilustracións de carácter figurativo, de gran calidad cromática.
Cada páxina conta con imaxes e cún breve párrafo armonizado onde riman a
segunda e a cuarta estrofa. En canto ó contido, móstrase que, todos somos
especiais e únicos, non hai ninguén igual. Unhas persoas teñen uns gustos e
outras, teñen outros diferentes, pero todos somos especiais e únicos.
Potencialidades
educativas: A través deste álbum podemos introducir aos nenos e ás nenas no
coñecemento de que non todo o mundo é igual a eles mesmos e ás persoas que os
rodean, pero esas diferenzas son as que nos fan especiais e únicos, polo que
debemos aceptarnos tal e como somos. Nós, como docentes debemos potenciar o
valor e respeto pola diversidade. Fomentaremos o respeto cara os demáis,
independentemente da súa cor, dos seus gustos e preferncias, etc.
Autoría:
Prímulas: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.
Etiquetas:
Diversidade, respeto, autoestima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario