miércoles, 4 de abril de 2018

É rara Makeke?



Soldado, Magdalena, É rara Makeke?, ilust. Jacobo Muñiz,  A Coruña: Baía Edicións, 2006, [30 pp.] (ISBN: 9788416226764).


Breve descripción do formato e contido. É rara Makeke? É un álbum ilustrado de tamaño cadrado e de tapas duras. Na cuberta pódese ver a Makeke, dentro dunha circunferencia, coa cara triste; na contracuberta se ve unha folla, relacionada coa natureza ao igual que todo o conto, dentro doutra circunferencia das mesmas características ca primeira pero con menor tamaño. Na portada só podemos ver o título e a editorial cunha ilustración na que aparece Makeke de espaldas ou caendo entre gotas de choiva. Nas 30 páxinas que o componen, a metade son ilustracións de Jacobo Muñiz e na outra metade plásmase o texto no cal a historia contase. O narrador desta obra está en terceira persoa.

Makeke é una formiga que vivía no deserto. Avecinábase unha gran tormenta, pola que o vento desplazou á protagonista moi lonxe do formigueiro. Naquel novo lugar para Makeke, onde había moitas plantas, atopou un novo formigueiro. A raíña a aceptou pero a infravaloraba por ser diferente: viña doutro lugar e o seu cor era distinto. Makeke estaba tan triste que decidiu volver ao deserto por moi lonxe que estivera deixando unha simple nota. A raíña, ao ver a pequena carta que deixara, mandou a toda-las formigas a buscala e pedirlle que volverá, que ibana tratar como unha máis recoñecendo que foran inxustas.

Potencialidades educativas. Makeke é totalmente excluída ata o remate da historia, cando todos rectifican e se dan de conta da importancia que ten a protagonista sendo diferente ao resto, ao final todas son formigas. E é que todos somos importantes neste mundo sen importar a cor da pel ou a procedencia, como é o caso de É rara Makeke?. Ao final, todos somos persoas, humanos. Ademáis é destacable unha pregunta que se plantea ao final da historia para traballar e reflexionar co alumnado: "As demais eran azuis e ela era vermella. Pero que importancia ten se todas se respectan?’’. É importante traballar na aula estas dúas ideas dentro da diversidade e a interculturalidade.

Recursos de interese.
Conto contado por nenos e nenas de primaria recomendado para o día da Paz.
Libros recomendados para o día da Paz nun folleto.
Un pdf da Xunta de Galicia que o menciona polo mesmo motivo: A Paz.
Blog que fala do libro e a súa repercusión nun aula.

Etiquetas. Álbum ilustrado, discapacidade, Magdalena Soldado, É rara Makeke? e Supermaestras.

Autoría. Supermaestras (Carolina Lloret González, Marta Pérez Solla, Alejandra Rodríguez Cavallé, Malena Sánchez Gándara, e Laura Vázquez Ramil)

No hay comentarios:

Publicar un comentario